O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou está mañá en rolda de prensa dos diferentes axustes acordados polo Comité clínico de expertos sobre o Plan de Nadal galego, elaborado de cara ás xuntanzas navideñas dos próximos días.
Catro estudantes da Universidade de Vigo, tres delas veciñas de Bueu e unha de Moaña, son as distinguidas na quinta edición dos Premios Sofía Novoa, cos que a Deputación de Pontevedra recoñece cada ano a inclusión da perspectiva de xénero nos Traballos de Fin de Grao e de Fin de Máster dos campus de Pontevedra e Vigo.
As persoas que queren visitar os concellos á beira do Miño contan agora cun mapa dixital que lles facilita a localización dos principais puntos de interese do territorio tranfronteirizo. A través desta ferramenta, creada polo AECT Rio Miño, pódense elixir diferentes posicións e acceder a unha breve interpretación dalgún dos elementos do patrimonio natural dos concellos galegos.
“Somos así de ambiciosas e ambiciosos, queremos converter á provincia no primeiro territorio intelixente certificado”, informou hoxe a presidenta da Deputación Carmela Silva, na presentación das grandes liñas de traballo do Plan Estratéxico de Turismo 2021-2023.
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa dun novo aviso de nivel laranxa no mar que afectará ao litoral Noroeste, Oeste e Suroeste da provincia da Coruña e a todo o litoral da provincia de Pontevedra, con ondas que poderán alcanzar ata os 6 m. Agárdase que esta situación comece a partir desta madrugada.
“Imos dispoñer de recursos moi importantes para poder facer fronte a esta situación, para modernizar e facer que medre o sector turístico, e necesitamos sumar sinerxías para poder captar fondos europeos e seguir a ser o destino tan potente que somos”. Con esta afirmación, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, pechou hoxe a primeira parte da xornada “Turismo: Reinventar o presente”, impulsada polo Clúster de Turismo e a institución provincial.
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou onte o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo para esixir a súa incorporación plena ao sistema sanitario público, logo de que o principal socio da concesionaria vendera a súa parte a un fondo de inversión francés.
Defender os dereitos humanos como proxecto vital e político nunha das rexións máis perigosas do mundo para levalo a cabo. Este é o nexo en común das tres protagonistas da colección ‘Defensoras de Dereitos’ que onte presentouse no Museo de Pontevedra nun acto que contou coa presidenta provincial Carmela Silva, a portavoz da Coordinadora Galega de ONGD, Lorena Seijo, e Marusia López, Co-fundadora de IM-Defensoras, que se conectou desde México.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, presentou esta mañá en rolda de prensa o conxunto de medidas acordadas na derradeira xuntanza do Comité clínico, de cara á celebración das vindeiras festas de Nadal.
Os concellos de Galicia disporán este ano de 1.068.965,21 euros para a implantación de medidas e programas para a loita contra a violencia machista dentro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
A asemblea xeral da Agrupación Europea de Cooperación Territorial do Río Miño, AECT Río Miño, celebrou onte martes a súa asemblea xeral na que aprobou o plano de actividades e orzamento para 2021, cun investimento global de 377.700 euros cofinanciado en parte polo Programa Interreg V A.
Haberá moitos outros proxectos europeos de colaboración transfronteiriza entre Galicia e o Norte de Portugal seguindo a estela da Estratexia Sostible para a Xestión dos Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos (ESTRAEE).
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.