Luns, 7 Xullo de 2025

É Noticia

SmartPeme pon en marcha esta semana outros catro obradoiros online

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática.

Final feliz para ‘Muti’ a cadela adoptada en Vigo trala súa recuperación no CAAN da Deputación

Seguen as boas noticias desde o Centro de Acollida e Protección de Animais da Deputación de Pontevedra. “Muti”, unha cadela mestiza de seis meses que fora recollida hai dous meses no Concello de Caldas nunha situación moi delicada e que foi recuperada no CAAN, acaba de atopar un novo fogar, sendo adoptada por unha familia de Vigo.

O Sergas reprograma cirurxías non urxentes co obxecto de garantir o número de camas necesarias para facer fronte á terceira onda da Covid

Como parte do Plan de continxencia fronte á pandemia da Covid-19, o Servizo Galego de Saúde está a aplicar, desde este luns, o aprazamento de determinados actos cirúrxicos que permitan demora. Trátase de cirurxía con ingreso complexas que poden requirir no post operatorio o uso de camas de críticos.

Gonzalo Caballero propón un plan de rescate “para milleiros de negocios aos que se pon o candado”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, volveu amosar hoxe a súa “man tendida” para “dialogar” e “cooperar” co goberno galego ante esta terceira vaga da covid, á vista da evolución que está tendo tanto no número de contaxios como na presión asistencial en Galicia.

As deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra esixen a Feijóo maior apoio á hostalería e comercio “tras nove meses de esforzo do mundo local...

As deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra acordaron hoxe esixir ao presidente da Xunta de Galicia un maior apoio aos sectores máis afectados polos efectos da pandemia da Covid-19, coma a hostalaría e o comercio local, tras case un ano no que as administracións locais levan facendo un esforzo importante neste eido, a pesar de carecer de recursos e competencias.

A Deputación destina máis de 4 millóns de euros para que os concellos e entidades atendan ás persoas máis vulnerables

A Deputación de Pontevedra vén de converterse na primeira administración de Galicia en poñer a disposición dos concellos e entidades de ámbito social un investimento de 4 millóns de euros para que poidan facer fronte ás consecuencias que a Covid-19 ten para a poboación.

Galicia deseña xa a loxística para vacinar contra a Covid-19 ao resto do persoal sanitario, aos grandes dependentes e a segunda dose nas residencias

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, aseverou onte que Galicia está a deseñar xa a loxística para vacinar contra a Covid-19 ao resto do persoal sanitario, ao persoal sociosanitario dos centros de día e do SAF, así como aos grandes dependentes, ademais de para administrar a segunda dose nas residencias.

A Xunta perfila cos representantes da hostalería un segundo Plan de rescate para facer fronte ás novas restriccións sanitarias

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda; o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña e a conselleira de Emprego e Igualdade, Maria Jesús Lorenzana, mantiveron onte pola tarde un encontro de traballo coa Mesa negociadora da hostalería de Galicia.

O AECT Río Miño presenta as súas prioridades á Comisión de Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal

O AECT Río Miño reuniuse esta semana co presidente e vicepresidente da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal (CCDRN), Antonio Cunha e Beraldino Pinto, para tratar a Estratexia do Rio Minho Transfronteirizo 2030.

Peche individual dos concellos de Baiona, Ponteareas, Redondela, A Guarda, Tomiño, Tui, Oia, O Rosal e Salvaterra de Miño

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, pediu hoxe aos galegos máxima prevención e anunciou que toda Galicia estará, desde o venres e, “probablemente, ata mediados de febreiro”, nos dous niveis máis altos de protección do protocolo contra a pandemia.

A Deputación súmase á hostalería e ao comercio da provincia na esixencia dun plan de rescate

A Deputación de Pontevedra únese á hostalería e o comercio da provincia para reclamar á Xunta de Galicia a posta en marcha dun Plan de Rescate “que dea respostas a ambos os dous sectores, ante a complexa situación que están a vivir derivada da pandemia, con milleiros de familias e persoas afectadas”.

Revitaliza leva obradoiros de compostaxe a escolares de primaria e secundaria de Ponteareas, Tui e Gondomar

Despois do parón das festas o Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra inicia as actividades lúdicas en centros de ensino nunha semana coa axenda completa na que chegará a cinco comarcas: Arousa, Val Miñor, Condado, Morrazo e Baixo Miño. Onte os técnicos do CEIDA levaron os obradoiros didácticos sobre compostaxe ao CEIP Serra de Vincios de Gondomar e hoxe o farán no CEIP Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas e novamente ao Serra de Vincios.