19.1 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Setembro de 2023
Máis
    HomeÉ NoticiaRevitaliza leva obradoiros de compostaxe a escolares de primaria e secundaria de...

    Revitaliza leva obradoiros de compostaxe a escolares de primaria e secundaria de Ponteareas, Tui e Gondomar

    Despois do parón das festas o Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra inicia as actividades lúdicas en centros de ensino nunha semana coa axenda completa na que chegará a cinco comarcas: Arousa, Val Miñor, Condado, Morrazo e Baixo Miño. Onte os técnicos do CEIDA levaron os obradoiros didácticos sobre compostaxe ao CEIP Serra de Vincios de Gondomar e ao CEIP Viñagarande de Deiro en Vilanova, onde as crianzas de Infantil e de primeiro de Primaria gozarán con ‘Os bichocos e a composteca’ e co xa coñecido e reclamado ‘Xogo da miñoca’.

    A semana continuará hoxe martes en Ponteareas, no CEIP Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas, tamén coa rapazada de Infantil e ‘Os bichocos’, e no CEIP Serra de Vincios de Gondomar, onde lle tocará ás clases de segundo de Primaria aprender máis sobre como se produce compost cos biorresiduos.

    En Moaña, o persoal técnico do CEIDA estará no IES Paralaia coa actividade ‘Quen vive aí?’ o mércores, xoves e venres para o alumnado de diferentes cursos de primeiro da ESO e de Bacharelato. O xoves tamén haberá actividade no CEIP nº1 de Tui, con formación da ANPA e o profesorado.

    Tal e como aconteceu no primeiro trimestre do curso todas as actividades didácticas sobre compostaxe están adaptadas ao ‘momento Covid-19’, reducindo o número de persoas participantes, mantendo a distancia física e as medidas sanitarias correspondentes co fin de evitar os posibles contaxios dentro do ámbito educativo.

    As actividades dispoñibles para os centros de ensino poden consultarse na web revitaliza.depo.gal, e consisten fundamentalmente en propostas presenciais “atractivas” para o alumnado a pesares da pandemia. A grandes liñas mantense o perfil dos obradoiros do curso pasado, pero sendo aínda máis demostrativos e sen movementos e interaccións entre as e os participantes, dividindo os grupos noutros mais pequenos no caso de ser necesario, e ampliando o número de persoal de monitorado, cunha proposta personalizada tanto na duración, número de participantes, espazos a empregar e circunstancias de cada centro.

    O interese polo programa Revitaliza nos centros de ensino está claramente ‘in crescendo’. As actividades para escolares chegaron no ano 2020 a máis de 8.000 escolares, unha cifra considerada como todo un éxito por parte da Deputación xa que, ademais, aumenta ao contabilizar os datos por cursos escolares: no 2019-2020 celebráronse 420 obradoiros para 9.628 crianzas -a pesares de que o terceiro trimestre non foi operativo-, e só no primeiro trimeste do vixente curso contabilizáronse 2.055 nenos e nenas en 138 actividades.

    LIBROS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.