Os 13 concellos que forman parte do territorio da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural únense este mes de marzo pola igualdade. Con motivo da celebración do 8M, Día Internacional da Muller, o grupo de desenvolvemento rural porá en marcha unha campaña a través da súa web e das redes sociais coa que continuar dando pasos cara a visibilización da muller e na loita contra a desigualdade de oportunidades por cuestións de xénero.
Desde hoxe luns, 1 de marzo, e ata o 22 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2021/22, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, de Educación Primaria de ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.
Co inicio do mes de marzo, a Deputación de Pontevedra arranca tamén o programa “DEPOrte Escolas”. A partir deste próximo luns, máis de 650 nenos e nenas en idade escolar da provincia practicarán nas diferentes escolas deportivas ata nove modalidades, atletismo, baloncesto, balonmán, judo, loita, patinaxe, piragüismo, rugby e tawkwondo. Este programa, de carácter gratuíto, levarase a cabo grazas á colaboración e coordinación da Deputación coas federacións deportivas
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, presentou no Museo Pedagóxico de Galicia, diversas iniciativas postas en marcha polo seu departamento dirixidas ao alumnado galego, coa fin de fomentar a doazón e o transplante de órganos. O máximo responsable sanitario galego anima aos estudantes galegos a que participen nestas actividades, que promoven unha actitude solidaria e favorable ao xeneroso xesto da doazón e a importancia dos transplantes entre a nosa mocidade, permitindolles coñecer, de primeira man, unha parte fundamental do noso sistema sanitario.
A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre o perigo de sufrir un ciberataque, novas ferramentas de Instagram para o turismo, como deseñar unha estratexia de email márketing e axustes de impresoras 3D.
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra segue a aprobar recursos ao abeiro das liñas 2 e 3 do Plan Concellos 2021 destinados a financiar diferentes actividades e, sobre todo, a contratación de persoal para os municipios da provincia. Nesta ocasión deuse vía libre a novos investimentos de 835.000 euros, cos que se verán favorecidos os concellos da Cañiza, Cerdedo-Cotobade, Gondomar, Meaño, Pontecesures, O Porriño e Vilanova.
A Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, vén de reforzar as visitas a diferentes establecementos como centros comerciais, prazas de abastos, supermercados e hipermercados, bares e restaurantes, ou instalacións deportivas, co fin de comprobar que se están a cumprir as medidas sanitarias covid.
O Pleno da Deputación de Pontevedra pechou hoxe formalmente o exercicio orzamentario de 2020, o ano da pandemia, dando o visto bo á liquidación dunhas Contas que certifican a calidade na xestión económica dunha das Administracións máis solventes do Estado. O 2020 pechouse con superávit e o fito de non ter levantado un só reparo de Intervención. Os informes ratifican tamén o cumprimento, a pesar do complicado contexto socioeconómico, dos principios de estabilidade orzamentaria e regra de gasto, así como a práctica eliminación da débeda.
A Deputación de Pontevedra arrancou este venres a intensa programación que desenvolverá ao abeiro do 8M, que este ano está centrada en reivindicar a axenda feminista desde todos os ámbitos e en todos os eidos, co obxectivo de devolver o protagonismo aos seus principios para que volvan a estar no centro do discurso público.
A Xunta abre o vindeiro luns o prazo de inscrición nas listas de emprego temporal para traballar nos servizos públicos da Administración galega. Calquera persoa que cumpra os requisitos de titulación poderá anotarse nas bolsas abertas para o nomeamento de funcionarios interinos e a contratación de persoal laboral temporal da Xunta de Galicia.
Despois da súa excepcional acollida no 2020, a Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia volven coa segunda edición da Escola de Letras para ofrecer unha nova oferta formativa de creación literaria dirixida a todas aquelas persoas que desexen aprender e gozar da palabra con algunhas das voces da escrita máis importantes do panorama galego actual.
A Deputación de Pontevedra iluminará de verde o seu Pazo Provincial desde a tarde deste venres e ata o vindeiro luns, ao abeiro da conmemoración do Día Mundial das Enfermidades Raras, que se celebra este próximo domingo 28 de febreiro.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.