Mércores, 18 Xuño de 2025

É Noticia

Un Programa Integrado de Emprego de COGAMI remata coa inserción do 74 % de participantes

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) remata o Programa Intregrado de Emprego que desenvolveu nas oficinas que ten nas cidades de A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Santiago e Vigo, co fin de impulsar as condicións da empregabilidade das persoas con certificado de discapacidade e incapacidade laboral para profesión habitual, ademais de favorecer e mellorar as súas condicións laborais.

A Xunta lembra as pautas a seguir nos cemiterios para evitar a proliferación do mosquito tigre

A Xunta, ante a celebración este 1 de novembro do Día de Todos os Santos, lembra as pautas que se deben seguir nos cemiterios para controlar o mosquito tigre e reducir as súas posibilidades de reprodución.

Tres accións formativas de SmartPeme esta semana

A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta tres novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros que se celebrarán de xeito telemático.

A Xunta convoca diversas axudas para que as persoas desempregadas poidan participar nos cursos de emprego

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria das axudas directas para apoiar a participación de persoas desempregadas nos cursos para o emprego que está a impulsar o Goberno galego.

Últimas visitas teatralizadas de Samaín ao Castelo de Soutomaior

As visitas teatralizadas de Samaín ao Castelo de Soutomaior rematan esta fin de semana coa participación de 180 persoas. Deste xeito as sesións, nas que as persoas participantes “pásano ben pasándoo mal”, comezarán ás 20:00 horas do venres cunha visita teatralizada dirixida ao público adulto que tamén se repetirá o sábado, 28 de outubro, á mesma hora.

A tarxeta Xente Nova permitiu un aforro familiar de 7,1 M€ no que vai de 2023

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, destacou que 160.000 menores de 21 anos viaxan gratis no autobús interurbano coa tarxeta Xente Nova, que permitiu un aforro familiar de 7,1 M€ no que vai de ano.

Máis de 500 persoas participan esta semana no programa “En ruta coa Depo”

A Deputación de Pontevedra organiza esta semana dez novas saídas no marco do programa provincial “En Ruta coa Depo”, unha iniciativa que ofrece aos colectivos sociais da provincia a posibilidade de pasar un día de convivencia, ocio e tempo libre en lugares do territorio provincial.

A Xunta pon en valor a Rede Galega de Promoción da Saúde

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, destacou hoxe que dende a Xunta fíxose recentemente “unha aposta moi grande en materia de promoción da saúde”, coa creación da Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS), vencellada ao Plan de Obesidade Zero.

Tres novas formacións impartiranse esta semana a cargo de SmartPeme

A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico para pemes e autónomos, oferta tres novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros que se celebrarán de xeito telemático e presencial.

O CAAN da Deputación supera as 500 adopcións no que va de ano

O Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra acaba de superar as 500 adopcións no que vai deste ano. Esa cifra acadouse coa marcha de “Grubi”, unha cadela que fora recollida en Pontecesures hai un mes e que atopou un novo fogar fóra de Galicia, concretamente en Ávila.

Máis de 200 persoas desfrutarán o domingo do programa Depotermal

Un total de 235 persoas maiores de 50 anos gozarán entre este domingo día 22 e o 27 de outubro do programa “Depotermal” da Deputación de Pontevedra, con estadías en cinco complexos hoteleiros termais da provincia.

Preto de 50 xubilados comezan os últimos cursos do ano de “Depo en marcha”

Un total de 45 xubilados iniciarán entre o sábado e o vindeiro martes os últimos talleres e accións formativas programadas nesta edición da iniciativa provincial “Depo en marcha”. A través deste programa, a Deputación de Pontevedra promove a participación e a creación de espazos de encontro e intercambio de experiencias para fomentar a independencia das persoas maiores.