Mércores, 9 Xullo de 2025

Val Miñor

Nigrán inicia as obras de renovación da zona de rodadura do paseo de Panxón

O Concello de Nigrán iniciou onte as obras para acondicionar a zona de rodadura do paseo marítimo de Panxón cun investimento de 122.300 € a cargo do Plan Concellos 2020, o que revertirá nunha mellora da seguridade viaria e na propia imaxe da contorna.

A Arribada adáptase á época Covid

Sempre que as medidas para adoptar pola Xunta de Galicia ante a Covid durante a primeira fin de semana de marzo (4, 5 e 6 de marzo) permítano, Baiona celebrará o 529 Aniversario da Arribada da Carabela Pinta.

Ferida unha muller ao saírse da vía o coche no que circulaba en Gondomar

Unha muller sufriu feridas de consideración despois de que o coche no que viaxaba rematase fóra da vía en Gondomar.

A prometedora agrupación «Synthése Quartet» ofrece este sábado un concerto no auditorio de Nigrán

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 22 de xaneiro ás 19:30 horas no Auditorio Municipal o concerto da prometedora agrupación camerística 'Synthèse Quartet', encadrado no 'I Cliclo Novos Intérpretes' lanzado o pasado decembro desde o consistorio. A entrada, como a todos estes concertos, é de balde ata completar o aforo. O repertorio e o dossier completo da formación está pendurado na web municipal www.nigran.es.

Nigrán estreará en FITUR unha nova guía turística

O Concello de Nigrán presentará esta semana en FITUR unha nova guía turística do municipio que releva definitivamente a todo o material promocional anterior ao ofrecer un contido actualizado e acorde ao lema estreado no ano 2021 ‘Nigrán, Equilibrio Natural’.

O Plan ReacPon da Deputación actuará sobre a Plaza de Rosalía de Castro en Gondomar

“Gondomar está facendo grandes cousas grazas á Deputación”. Con esta rotunda frase, o alcalde Francisco Ferreira mostrou hoxe a súa satisfacción na sinatura do convenio coa presidenta provincial Carmela Silva para a próxima adecuación urbana e sostible da Praza de Rosalía de Castro.

Nigrán convocará unha quinta liña de axudas Covid para perruquería, estética, academias e librarías

O Concello de Nigrán abirá nos vindeiros días o prazo de solicitude de axudas para un quinto plan municipal destinado a paliar os efectos da Covid-19 no sector das perruquerías, estética, academias e librarías.

O Plan ReacPon da Deputación impulsarán a remodelación da contorna do Paseo de Pinzón de Baiona

“A inversión da Deputación en Baiona na anterior lexislatura foi de 6,5 millóns de euros e a da Xunta de Galicia 1,8 millóns. Creo que con iso dicímolo todo”. Con esta rotunda afirmación o alcalde Carlos Gómez agradeceu á administración provincial o esforzo do Plan ReacPon.

Baiona mellora a accesibilidade a Belesar

O Concello de Baiona, culminou os traballos de mellora da accesibilidade na zona da Figueira no Urgal, parroquia de Belesar. A obra, financiada a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, foi adxudicada por un importe de 43.497,10 euros.

Gondomar pon en marcha un ano máis os obradoiros dirixidos aos maiores

Como en edicións anteriores, os participantes poderán elixir entre o obradoiro “Cultiva a Mente” ou o de “Xinmasia de mantemento”. En ambos os casos o obxectivo “é garantir a mellor calidade de vida dos nosos e nosas maiores, e poñer ao seu alcance as ferramentas para que a súa terceira mocidade poidan gozala ao máximo”, apunta o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira.

O CIM de Baiona amplía o horario de atención de servizo de asesoramento xurídico e psicolóxico gratuíto

A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona incrementa o horario semanal de asesoramento xurídico e asesoramento psicolóxico do Centro de Información á Muller (CIM).

O Concello de Nigrán agasalla ás aulas de infantil dos colexios co libro evolutivo ‘Dedas’

O Concello de Nigrán agasallará a todas as aulas de infantil dos diferentes centros educativos do municipio co libro evolutivo 'Dedas' e, adicionalmente, ofrecerá a posibilidade de que as autoras realicen un contacontos especial no propio colexio.