16.8 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránO Concello de Nigrán amplía a todas as tardes as sesións do...

    O Concello de Nigrán amplía a todas as tardes as sesións do Centro Municipal de Enfermidades Neurodexenerativas

    Os usuarios contan desde inicios de ano con xogo de petanca, de chave e de ra nun área preparada polos operarios municipais

    O Concello de Nigrán ven de ampliar o funcionamento do Centro Municipal de Enfermidades Neurodexenerativas de Panxón a todas as tardes de luns a venres ante a demanda deste servizo público municipal que o Concello creou no 2016 vencellado a súa política ‘Un Nigrán para todos’. Paralelamente, e vinculado a este aumento das sesións, o Concello o dotou a finais de ano dun xogo de petanca, outro de chave e outro de ra para que todos os usuarios xoguen os xoves ao aire libre nunha zona adaptada previamente para iso polos operarios municipais. “Temos dous grupos dunha ducia de persoas que acudían dous días a semana, agora virán tres días porque os xoves os xuntaremos para xogar”, explica a edil de Maiores, María Mayán, quen incide en que “era unha demanda das familias poder contar cunha terceira tarde para mellorar a conciliación”.

    Segundo explican desde Afaga, empresa concesionaria deste servizo público municipal, este tipo de xogos tradicionais de lanzamento e precisión son especialmente recomendables para os maiores porque favorecen a socialización, a concentración, a motivación, a psicomotricidade  e a propia memoria para seguir as normas establecidas.

    “Son xogos con fonda raíz na nosa cultura, o que xa de por si fai que lles motive especialmente, e ademais son ao aire libre, a opción máis segura sanitariamente a día de hoxe”, explica o alcalde, Juan González.

    Recentemente quedaron vacantes, polo que as familias interesadas en solicitar praza deberán dirixirse ao departamento de Servizos Sociais do Concello de Nigrán, tendo sempre prioridade os empadroados no municipio. Compre sinalar que a porcentaxe destas enfermidades na poboación maior de 65 anos é dun 1,83%, polo que na localidade existiría unha prevalencia de 323 habitantes.

    “A crise sanitaria tivo un impacto especialmente significativo nas persoas con demencia, así como na súa contorna familiar e convivencial. As medidas de distanciamento social aceleraron o procese de deterioro funcional e cognitivo, asi como a sobrecarga da contorna familiar e convivencial”, indican desde Afaga. De feito, os propios resultados obtidos en Nigrán nos estudos de comparación entre as valoracións sociais pre/pos pandemia indicaban a necesidade de reforzar esta actividade de estimulación terapéutica.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.