Descubride qué se oculta tras as páxinas de "Dedas", un libro ilustrado dirixido nenos de 1 a 6 anos, cun divertido contacontos desta bela historia que se desenvolverá no Multiusos Mercado de Sabarís mañá venres 11 de febreiro a partir das 17.00 horas.
O Concello de Nigrán, a través do CIM, ofrece este venres 11 de febreiro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal a obra de teatro familiar ‘Ciencia que alimenta’, espectáculo que se encadra na programación especial polo ‘Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia’.
O Concello de Nigrán abre ata o 18 de febreiro (inclusive) o prazo de inscrición no concurso de comparsas, que terá lugar o sábado 26 de febreiro ás 21:00 horas. O Concello recupera o tradicional desfile tras o entroido telemático do ano pasado e amplía a dotación económica ata os 4.150 euros repartidos en vinte premios.
O Concello de Baiona continúa desenvolvendo o seu de mellora do alumeado público e a súa substitución por elementos máis eficientes e, nesa liña nestes últimos días traballouse no cambio das luminarias nas zonas de Cabreiro e Portelos en Baredo.
O Concello de Nigrán abre do 15 ao 17 de febreiro o prazo de inscrición para os tres cursos do programa ‘Envellecemento activo’: Informática básica (martes ou xoves en horario de mañá), ‘Memoria’ para previr o deterioro cognitivo (martes ou xoves en horario de tarde) e ‘Vivilo Corpo’, dirixido a potenciar as capacidades motoras a través de exercicios de movemento e coordinación (martes e xoves en horario de mañá).
O Concello de Nigrán abre desde hoxe e ata a medianoite do xoves 10 de febreiro o prazo de inscrición para participar no escape room ‘Estrelas’ do domingo 13 de abril ás 11:00 horas nas inmediacións do Pavillón de Panxón.
Todo está listo para celebrar o Entroido que este ano, tras case dous anos de non poder manter as súas datas tradicionais debido á pandemia, egresará ás rúa do municipio o vindeiro domingo 27 de febreiro, con forma de desfile e abandonando a súa tradicional categoría de concurso.
Un total de 16 mulleres vítimas da violencia de xénero e 21 das súas fillas e fillos menores de idade participaron en Baiona, o ano pasado, no programa de navegación terapéutica Vela contra a violencia de xénero froito da colaboración entre a Xunta de Galicia e o Monte Real Club de Yates da localidade que a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, ven de coñecer de primeira man.
O Concello de Nigrán arrancará o 11 de febreiro co gallo do ‘Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia’ a súa programación máis ambiciosa ao respecto ao extenderse ata o 13 de marzo e incluír obradoiros, teatro, contacontos, un scape-room, cine, monicreques ou a exposición ‘Bravxs’. Máis dunha vintena de eventos e actividades que se integran tamén na conmemoración do 8-M, Día Internacional da Muller.
O Concello de Nigrán rematará ao longo das vindeiras semanas as obras para rehabilitar, conservar e consolidar sete lavadoiros municipais de Camos, Parada, Priegue e Panxón cun investimento de 100.430 € a cargo do Plan Concellos 2020.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.