Domingo, 6 Xullo de 2025

Val Miñor

Nigrán abre hoxe o prazo para presentar ofertas aos quioscos de praia do municipio

O Concello de Nigrán abre desde hoxe e ata o 11 de maio o prazo para a presentación de ofertas para explotar os quioscos de praia este verán, sendo a tempada desde a resolución en maio ao 30 de setembro, igual que o ano pasado.

O alcalde de Baiona agradece á Irmandade da Santa casa de Baiona o seu esforzo en facer “grande a Semana Santa”

A Semana Santa ha deixado un bo sabor de boca en Baiona, as rúas cheas de xente, a hostalería e os hoteis co cartel de 'cheo' e, tamén a “Irmandade da Confraría da nosa Señora a Nai de Deus Virxe María da Misericordia”, máis coñecida como Santa Casa de Baiona, coa sensación do traballo ben feito.

O Concello de Nigrán protexe perimetralmente a zona dunar de Lourido onde se está a crear unha ‘micro-reserva piloto’

O Concello de Nigrán ven de pechar perimetralmente a zona dunar de Praia América en Lourido (uns 2.000 metros cadrados de superficie) co fin de protexela ao máximo e contribuír á creación dunha 'micro-reserva' piloto.

Gondomar pon en marcha unha nova edición do seu programa “Gondoverán”

O Concello de Gondomar abre o prazo de solicitudes para unha nova edición do seu programa de lecer activo “GONDOVERÁN”. Destinado a nenos de 3 a 12 anos de idade, este programa combina o xogo con actividades creativas, culturais e de coñecemento do entorno próximo.

Nigrán abre o prazo de inscrición da XII edición da Travesía a nado Costa Serena

Nigrán abrirá mañá mércores o prazo de inscrición da XII edición da Travesía a nado Costa Serena-Gran Premio Concello de Nigrán, que se celebrará o 3 de xullo en Praia América.

Charla coloquio sobre os dereitos sanitarios, a eutanasia e o testamento vital en Sabarís

Hoxe ás 19:00 horas no Multiusos Mercado de Sabarís celebrarase unha charla coloquio sobre os dereitos sanitarios, a eutanasia e o testamento vital.

O Concello de Nigrán suma no seu núcleo urbano un local social para os maiores

O Concello de Nigrán dispón xa do primeiro local destinado ao ocio dos maiores no corazón do núcleo urbano, ao carón do Consistorio, tal e como demandaban na zona. Este novo espazo xurde tras investir o Concello 110.064 € (a través do Plan Concellos 2020 da Deputación) na transformación das antigas casas dos mestres de Vilameán nun lugar para a convivencia comunitaria.

A Semana Santa volve ás rúas de Baiona

Tras dous anos de parón obrigado pola aparición do coronavirus e as restricións determinadas polas autoridades sanitarias volven as procesións e as actividades durante estas datas crave para os veciños e veciñas de Baiona e para as persoas que se achegan a gozar da Semana Santa da Vila.

O alcalde de Gondomar participa na clausura do 10° campus multideporte

O rexedor municipal participou esta mañá na clausura do campus multideporte solidario. Este campus que chegou este ano a sua décima edición contou coa participación de máis de 60 nenas e nenos de entre 6 e 12 anos, que dende o lúns participaron no pavillón municipal en diferentes disciplinas deportivas.

O Concello de Nigrán inicia con oito alumnos o curso de socorrismo

O Concello de Nigrán avanza para garantir a seguridade nas praias este verán ao iniciar este semana con 8 alumnos o seu segundo curso gratuíto para obter o certificado oficial de socorrismo, requirimento imprescindible para poder traballar nos areais.

O alcalde de Gondomar e a deputada autonómica solicitan a mellora de viais de titularidade autonómica

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, visitou, xunto á deputada socialista do parlamento de Galicia, Leticia Gallego, varios viais de titularidade autónomica nos que a Xunta leva anos sen facer ningún investimento nen mantemento.

Baiona retoma as visitas guiadas gratuítas de Semana Santa

O Concello de Baiona aposta por diferentes iniciativas coas que dar a coñecer a riqueza patrimonial e cultural do municipio con diferentes programas de visitas gratuítas coas que reactivar o sector turístico tras a Covid-19.