Sábado, 5 Xullo de 2025

Val Miñor

A Mancomunidade do Val Miñor adquirirá un furgón de Protección Civil

A Xunta da Mancomunidade aprobou a consignación de 14.000 € para mercar un furgón á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil Val Miñor, concretamente unha Fiat Ducato de 9 prazas. A proposta da presidencia fora acordada previamente polas tres alcaldías que conforman o Val Miñor tras recibir esta petición.

Baiona asfalta a ponte sobre o río de Baíña

A Concellería de Vías e Obras do Concello de Baiona levou a cabo traballos de mellora do firme na ponte sobre o río de Baíña, no Camiño dá Lavandeira, estrada de acceso ao encoro. Concretamente, hase asfalto toda a ponte dándolle caída á auga facía ao río.

O Mercado de Arte de Sabarís reunirá 65 obras do 13 ao 17 de maio

O Mercado de Arte de Sabarís regresa á axenda cultural na súa XIV edición cun total de 65 obras de máis de 60 autores en exposición e venda no Multiusos de Sabarís.

A Mancomunidade do Val Miñor promoverá a práctica dos bolos celtas entre os escolares

A Mancomunidade do Val Miñor destinará 9.000 € do seu Remanente de Tesourería para a promoción da práctica dos bolos celta entre os escolares de toda a comarca. Así se aprobará hoxe na Xunta de Mancomunidade tras acordar previamente os tres alcaldes unha modificación de crédito que, entre outros, inclúe este obxectivo concreto.

Baiona celebrará o 7 de maio o 821 Aniversario da súa Carta Puebla

O vindeiro sábado 7 de abril é o 821 Aniversario da fundación de Baiona, da Vila Vella. Para celebralo, o Concello organiza unha conferencia na Casa da Navegación ás 19:30 h.

O conservatorio de Gondomar abre o prazo de inscrición para as probas de acceso

Xa está aberto o prazo de inscrición, durante todo o mes de maio, para as probas de acceso ao primeiro curso no Conservatorio Elemental de Música de Gondomar para o vindeiro curso 2022/2023.

Nigrán pon en marcha a primeira brigada contra incendios 100 % municipal

O Concello de Nigrán estreou o 1 de abril a primeira brigada completamente municipal de prevención de incendios de toda a comarca. O goberno local optou pola contratación directa e posta en marcha despois de que as experiencias anteriores dependentes de subvencións da Xunta de Galicia retrasasen o seu funcionamento ao mes de setembro por cuestións meramente administrativas.

Os participantes de Vincúlate de Baiona visitan Anceu Coliving e Coworking en Ponte Candelas

As persoas participantes do Proxecto “Vincúlate” realizaron unha visita ás instalacións de Anceu Coliving e Coworking en Ponte Candeas para coñecer as instalacións e o programa de “Rural Hackers” de deseño e programación de páxinas web, que está a realizar os seus compañeiros.

O alcalde de Baiona fai entrega de placas en homenaxe pola xubilación de 8 traballadores do Concello

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, fixo entrega das placas con motivo da xubilación de 8 empregados públicos, funcionarios e persoal laboral, que finalizaron a súa etapa durante o ano 2020, o 2021 e este ano 2022.

O Concello de Nigrán recupera este sábado a gala dos ‘X Premios Nigrán’

O Concello de Nigrán recupera este sábado 30 de abril a súa tradicional gala dos 'X Premios Nigrán' despois de dous anos sen poder celebrarse por mor da pandemia.

Baiona ilumina de laranxa e verde a fachada do Concello polo Día Nacional da Fibrose Quística

A facha do Concello de Baiona iluminouse este mércores, 27 de abril, de cor laranxa e verde con motivo do Día Nacional da Fibrose Quística.

O Concello de Nigrán súmase ao Día Internacional do Jazz este sábado

O Concello de Nigrán súmase á celebración do Día Internacional do Jazz este sábado convocando un ano máis o xa tradicional concurso de carteis 'Quin Alborés', dotado con 500 euros á proposta gañadora, e que ten como obxectivo difundir a imaxe do Nigranjazz 2022 na súa XVI edición.