O Camiño das Chans en Fontes-Baíña foi obxecto dunha intervención por parte do Concello de Baiona. Púxose solución á problemática que viña padecendo durante tempo na zona.
O Concello de Nigrán pecha este domingo o seu primeiro ciclo ‘Primavera de Jazz’ co concerto do pianista Xan Campos ás 20:00 horas no Auditorio Municipal. Antes desfilaron por este evento o guitarrista nigranés Felipe Villar e o santiagués Xacobe Martínez Antelo. Como sempre, a entrada é de balde ata completarse o aforo.
O Concello de Nigrán deu luz verde esta semana ao inicio do derribo da nave do antigo matadoiro comarcal en Porto do Molle, ‘Macomusa’. Este era o máximo expoñente do feísmo na contorna e o derradeiro vestixio industrial en todo o recinto, xa que no momento da construción do parque non se chegou a ningún acordo cos propietarios.
O Barbeira Season Fest, que se celebrará en Baiona do 7 ao 11 de xuño, promocionaráse esta fin de semana en Madrid. Este domingo, a organización do festival encherá de contido Caleido, a nova zona de moda da capital situada no corazón do Distrito Financiero Cuatro Torres, con propostas para todas as idades.
O Multiusos Mercado de Sabarís acolleu a clausura do programa “Con Voz Propia”, unha actividade posta en marcha pola Concellería de Igualdade do Concello de Baiona, a través do Centro Municipal de Información á Muller.
O Paseo Ribeira acolleu a presentación da III Edición do Festival “A Recta” que se celebrará o vindeiro sábado 20 de maio no emblemático enclave da Avenida da Praia Ladeira.
Tres rostros femininos, un cunha máscara na boca, outro cun anteface nos ollos e outro cuxo oído figura tapado, protagonizan o enorme mural que a artista Tamara Baz vén de pintar nun lateral do Campo de Fútbol das Cercas, en Gondomar, como nova proposta do programa provincial “Mulleres en Acción. Violencia Zero”.
Os menús escolares de Nigrán darán un salto abismal de calidade no vindeiro curso: finalmente, a cociña construída polo Concello no CEIP Humberto Juanes, cun investimento de 373.878 €, será o lugar desde onde se elaborarán os menús do propio CEIP Humberto Juanes, Mallón, Carlos Casares (Vilariño) e Da Cruz (Camos).
Este domingo 7 de maio, a Concellería de Turismo ,en colaboración coa empresa local Baiventura, realizará o último roteiro de sendeirismo da tempada. Será un roteiro de 11,5 km polo monte da Groba.
O Concello de Nigrán investirá 600.000 € para dotar ao barrio de Vilariño (San Pedro) dun centro social para uso polivalente e auditorio ao aire libre con zonas cubertas.
O Ministerio de Industria e Turismo e a Fegamp comunicaron ao Concello de Baiona que se aprobou o proyecto municipal ‘Preservar o pasado, protexer o futuro: Baiona, patrimonio sostible’, dentro da convocatoria 2023 dos PSTD para ‘Cidades con Identidade Turística’.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.