Sábado, 21 Xuño de 2025

Val Miñor

Abertas as inscricións para o campus de verán do CB Nigrán

O campus de verán que o Club Balincesto Nigrán organiza, en colaboración co Concello, desenvolverase no pavillón municipal de Panxón e abre hoxe o seu prazo de inscrición.

A Escola Municipal de Gravado de Nigrán reproduce artísticamente algas das Illas Atlánticas

As algas autóctonas embelecen o Auditorio do Concello de Nigrán ata o 18 de xuño. Este prodixio é grazas á Escola Municipal de Gravado, que expón neste espazo parte do traballo realizado ao longo do curso e, con especial interese, amosan o proxecto común no que centraron os derradeiros meses.

Nenos de Tui, O Porriño, Nigrán e Tomiño participan en “DepoEmprende na escola”

Máis de 250 nenos de colexios de toda a provincia demostraron o seu potencial emprendedor no mercado solidario efémero que instalou a Deputación de Pontevedra na céntrica praza da Porta do Sol de Vigo como colofón da sétima edición do programa “DepoEmprende na Escola”.

Descúbrese un novo arco no muíño de Porto do Molle durante a rehabilitación

Sorpresa nas obras do Concello de Nigrán para rehabilitar o muíño de Porto do Molle. O movemento de terras e limpeza de matogueiras e lama revelou unha cuarta arcada na zona do inferno (por onde circula a auga) e dous muros de pedra tradicionais no exterior en forma de 'L' .

Nigrán acolle o venres unha charla sobre diversidade sexual

Dentro da IV Semana de Diversidade Sexual de Nigrán quérese analizar, reflexionar e debater sobre a normalización da cultura da violación, esa que minimiza as agresións sexuais e silencia os abusos sexuais a menores.

Novos roteiros urbanos en xuño en Nigrán

O Concello de Nigrán continúa este mes de xuño cos roteiros urbanos ofrecendo o sábado 10 e o domingo 25 o programa 'Paseando Nigrán' con percorridos circulares de aproximadamente 2 horas.

Adxudicadas as obras para instalar enerxía solar na depuradora de Gondomar

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, adxudicou as obras para a instalación de enerxía solar fotovoltaica na estación depuradora de augas residuais de Gondomar.

Baiona acolleu o cuadraxésimo sexto congreso rexional de viúvas de Galicia

Baiona acolleu, o pasado sábado, o cuadragésimo sexto congreso rexional de viúvas de Galicia no que participaron maís dunha ducia de asociacións a nivel autonómico e máis de 200 mulleres.

Aqualia revisa en Nigrán os enganches irregulares

A empresa concesionaria do servizo de augas do Concello de Nigrán, Aqualia, iniciou o pasado mes de abril unha intensa campaña para vixiar, controlar e detectar posibles accións fraudulentas de consumo de auga sen contador ou “enganches irregulares” e evitar os consumos que non se rexistran e consecuentemente non se facturan

O roteiro musical Sons do Casco chega a Baiona o 17 e 18 de xuño

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura, organiza un novo roteiro musical “Sons do Casco” co obxectivo fundamental de dinamizar e desestacionalizar a oferta cultural e de lecer baionesa.

Gondomar asfaltará a estrada Donas-San Adrián ao abeiro do Plan Concellos

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar unha achega da Liña 1 de Investimentos do Plan Concellos para Gondomar por importe de 223.160 euros, que lle servirá para financiar as obras de asfaltado da estrada que une a parroquia de Donas co núcleo de San Adrián.

O pavillón municipal de Baiona contará con caldeira de biomasa e paneis fotovoltaicos

O Concello de Baiona instalará no Pavillón Municipal de Deportes unha caldeira de biomasa, un sistema pioneiro no municipio. A caldeira do pavillón será a primeira instalación destas características que vai haber no municipio.