Xoves, 15 Maio de 2025

Val Miñor

O Concello de Nigrán ofrece o sábado un concerto da Escola de Rock de Paredes de Coura

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 22 de xullo ás 16:00 horas nas pistas do espazo deportivo municipal de Gaifar (Panxón) o concerto fin de xira de 'Coisa Mansa', banda residente da Escola de Rock de Paredes de Coura (Portugal), entidade coa que o Concello colabora cada verán desde 2021.

O Rilla na Rúa enche Nigrán de foodtrucks e actividades

As foodtrucks do Rilla na Rúa volven aparcar un ano máis en Nigrán con propostas grastronómicas variadas e un programa cargado de actividades para toda a familia. Do 21 ao 25 de xullo, no Paseo da Ramallosa, o público poderá gozar de concertos, mercado de artesanía, actividades infantís ou Dj´s.

Ioga e meditación, este venres, na praia de Patos

A beleza da praia de Patos ao solpor volve a unirse este verán á práctica do ioga para, xuntos e en harmonía, acadar a paz física e espiritual. Deste xeito, o gran mestre internacional Madhana, pioneiro nesta disciplina en España, introductor en Galicia e fundador e director do Centro Sananda en Vigo, retoma estas sesións organizadas polo Concello de Nigrán este venres 21 de xullo ás 20:30 horas.

A cultura mexicana chega á Escola Municipal de Cerámica de Nigrán

Nigrán bebe esta semana da mellor tradición mexicana. Catro mestres oleiros e das artes plásticas chegados ex-profeso desde diferentes puntos do país azteca protagonizan o ‘IV Encontro Internacional’ organizado polo Concello de Nigrán a través da Escola Municipal de Cerámica. Alumnado de toda Galicia.

Nigrán enche o verán con roteiros gratuítos

O Concello de Nigrán ofrece ao longo do verán catro tipos de roteiro gratuítos destinados a promover o municipio: ‘A Praia dos Afogados’ , ‘Praia América – A Niza galega’, ‘Tesouros de Monteferro’ e, por último, ‘Paseando Nigrán’.

Comezan hoxe as obras de conservación e mellora da autoestrada autonómica do Val Miñor

As obras correspondentes á campaña de conservación e reforzo de firme na autoestrada autonómica do Val Miñor (AG-57) veñen de iniciarse hoxe e prolongaranse durante seis semanas, se as condicións climatolóxicas así o permiten.

Nigrán restaura a batería militar de Monteferro

Os canóns de Monteferro veñen de retroceder no tempo 100 anos para lucir como na súa orixe. Esta milagre foi posible grazas ao investimento de 16.758 € por parte do Concello de Nigrán a través dunha liña de axudas da Deputación de Pontevedra destinada á restauración e sinalización de elementos patrimoniais de titularidade municipal dentro da provincia.

O Concello de Baiona reforza o baldeo das rúas e a limpeza

O Concello de Baiona, reforza os servizos básicos de limpeza e baldeo intensivo no municipio. Durante os últimos días, un equipo integrado por varias persoas está a traballar co apoio da máquina varredora e máquinas de baldeo a presión para mellorar a limpeza viaria e a imaxe xeral do estado da localidade.

Visita da concelleira de Deportes de Baiona aos campus de Danza e de Tenis de Mesa

A concelleira de Deportes, Ana María Iglesias Rodríguez, realizou esta semana unha visita ao Campus de Danza que se está a celebrar durante esta semana nas instalacións do pavillón municipal de deportes.

Grandes Festas de Santa Cristina en Baiona

Os próximos días 22, 23 e 24 de xullo terán lugar as grandes festas na hora de Santa Cristina en Sabarís no concello de Baiona.

Nigrán fai unha achega de 10.000 euros ao proxecto ‘Nadafa’

O Concello de Nigrán mantén a súa aposta pola cooperación internacional achegando este ano 10.000 € ao proxecto ‘Nadafa’ de recollida de residuos e sensibilización ambiental nos campamentos de refuxiados saharauis en Arxelia, concretamente na wilaya de Bojador con 16.500 habitantes.

Baiona abre o prazo de inscrición para participar nas Festas da Anunciada 2023

Existe unha festa referente do verán de Baiona e esa cita ineludible é a celebración da festa en honra á Virxe da Anunciada, que se celebrarán o 4, 5, 6 e 7 de agosto.