O Concello de Nigrán iniciou este luns a programación con motivo do 'Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia' (11 de febreiro) coa charla de Luísa Martínez (responsable da Unidade de Cultura Científica do CSIC) na Escola Infantil 'As Dunas'. Ao longo da semana, Luísa e outras cinco científicas de referencia vinculadas a Nigrán acudirán a todos os centros educativos públicos do municipio.
O alcalde de Nigrán, Juan González, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, visitou o remate das obras de mellora da seguridade peonil na contorna de Ureca (PO-552). Este acondicionamente non se contemplaba no proxecto inicial da Consellería de Infraestruturas, pero grazas ás alegacións realizadas polo Concello de Nigrán posteriormente incorporouse a realización dun itinerario peonil na zona.
A aposta de Nigrán tanto pola igualdade como pola ciencia é indubidable. Así que, dende esa perspectiva, non ía tardar moito o Concello en unir as dúas cousas e organizar unha actividade que servira para poñer en valor o papel da muller na investigación científica. Aproveitando o marco da celebración do 'Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia' (11 de febreiro), o Concello de Nigrán desenvolverá unha programación especial que, amais dun recoñecemento ao traballo das científicas, é tamén un xeito de promover no alumnado feminino a dedicación profesional a este coñecemento.
O Concello de Nigrán acolle, este sábado 8 de febreiro, a Gala do Surf 2019 que se celebrará no Auditorio Municipal a partir das 19:00 horas e reunirá aos mellores surfistas do pasado ano que competiron no Circuito Galego de Surf, así coma a aquelas persoas e entidades cunha especial vinculación coa Federación Galega de Surf, autoridades representantes do Concello de Nigrán, da Federación Española de Surfing e do Clube Surf de Viana (Portugal).
O Auditorio Municipal do Concello de Nigrán acolle mañá xoves ás 20:00 horas unha charla informativa a cargo de Coxapo, 'Comunidade Xeral de Augas de Galicia', nacida no ano 2006 en Tomiño e a cal representa a 88.000 asociados do Baixo Miño e Val Miñor.
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, acudiu esta mañá a Nigrán para, en compañía do alcalde, Juan González, poñer en valor o proxecto de construción dunha cociña nun dos centros educativos para dar aos escolares do concello uns menús de mellor calidade, elaborados no momento e non trasladados dende outro municipio.
A Xunta de Galicia non se compromete a que se empregue a futura cociña municipal do CEIP Humberto Juanes para elaborar os menús dos colexios de Nigrán. A Consellería de Educación ven de respostar por escrito ao Concello de Nigrán que non ten intención alguna de "interferir na decisión que o adxudicatario tome respecto a utilización da cociña do colexio", é máis, incide en que "se trata dunha decisión absolutamente voluntaria para a empresa adxudicataria"
Concello de Nigrán e IES Val Miñor conmemoran este domingo 2 de febreiro o Día Mundial dos Humedais cun roteiro guiado pola Foz do Miñor a cargo do biólogo nigranés Juan J. Hermida a partir das 10:30 horas (punto de encontro no auditorio ao aire libre de A Foz, onde se celebra o Nigranjazz).
Centos de alumnos de cinco centros educativos de Nigrán participaron esta onte na 'XI Carreira Solidaria' organizada polo CPI Arquitecto Palacios de Panxón con motivo do Día da Paz e co fin de recadar fondos para colaborar co departamento de Servizos Sociais do Concello de Nigrán.
O goberno de Nigrán aprobou este luns o proxecto para rehabilitar e dotar de accesibilidade universal a cafetería das instalacións municipais de Dunas de Gaifar co obxectivo de volver a sacar a concurso público a súa xestión –actualmente sen actividade tralo cese do concesionario, ao que o Concello liquidou a fianza de 17.000 €–.
O alcalde de Nigrán, Juan González, e a edil de Educación, Marina Vidal, recibiron na tarde do luns, no Salón de Plenos do Concello, aos 12 alumnos e alumnas e 2 profesores do Lycée La Province de Fécamp (Alta Normandía, Francia) de intercambio actualmente co CPI Arquitecto Palacios de Panxón.
O Concello de Nigrán aprobou o proxecto para completar o abastecemento de auga na parroquia de Parada tras ampliar o servizo no 2018 e 2019 á zona de Carrasca e Nandín con sendas obras municipais.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.