Martes, 13 Maio de 2025

Val Miñor

O Barbeira Season Fest celébrase este sábado “contra vento, marea e o que faga falta”

Un ano máis, o Barbeira Season Fest ten que reinventarse a causa do mal tempo. A un día da celebración en Baiona do último festival de música do verán en Galicia, a organización ultima os preparativos do recinto da Península de Santa Marta.

O Concello de Nigrán e a Comunidades de Montes de Camos habilitan un miradoiro no Piricoto do Vilar

O Concello de Nigrán e a Comunidade de Montes de Camos veñen de habilitar un miradoiro no coñecido popularmente como o 'Piricoto do Vilar', no parque forestal a beira do coñecido como sendeiro das Medoñas que se inicia en Priegue, atravesa Camos e finaliza en Chandebrito. A infraestrutura de madeira de pino tratada para exterior (encargada a unha carpitentería do municipio e cun investimento de 3.000 €) mide uns 15 metros cadrados e se asenta sobre unha rocha xa frecuentada desde sempre pola veciñanza pola súa sorprendente panorámica de toda a comarca.

Nigrán propondrá no vindeiro pleno que a IX Edición dos Premios Nigrán se adique a iniciativas solidarias contra a Covid-19

O goberno de Nigrán proporá no vindeiro pleno ordinario do 28 de setembro que a IX Edición dos Premios Nigrán se adique a recoñecer públicamente as iniciativas solidarias contra o Covid-19 no municipio para retomar xa no 2021 o formato habitual. Deste xeito, o goberno plantexa que a gala correspondente a este ano (e que non se celebrou en maio debido ao confinamento) se realice no vindeiro mes de outubro e ao aire libre para unha maior seguridade sanitaria, trasladando ao 2021 as propostas de premiados realizadas en xaneiro por diferentes entidades.

Igualdade informa da apertura do prazo para participar no proceso de selección do programa “Emprégate dende a igualdade”

O Concello de Baiona abre o prazo para participar no proceso de selección do programa Emprégate dende a Igualdade, promovido polo Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades coa colaboración do Concello de Baiona, e a financiación do Fondo Social Europeo.

A Biblioteca de Nigrán ofrece, dende este venres e ata o 8 de outubro, catro sesións de contacontos infantís no auditorio municipal

A Bilioteca Municipal de Nigrán ofrece desde este venres e ata o 8 de outubro catro sesións de contacontos infantís a través do programa de dinamización á lectura 'Ler conta Moito'. Por cuestións de seguridade sanitaria este ano terán lugar todos no Auditorio Municipal e será imprescindible a incrición previa na propia biblioteca, no correo [email protected] ou no 986 383 979.

Nigrán avanza na seguridade das praias do próximo verán ao outorgar o certificado oficial de socorrismo a oito veciños e preparar un novo curso

O Concello de Nigrán avanza para garantir a seguridade nas praias do vindeiro verán ao outorgar o certificado oficial de socorrismo a 8 veciños que xa poderán exercer como tal ao dispor xa do certificado de profesionalidade requirido. Paralelamente, ultima unha nova edición coas mesmas características. Foi precisamente con este obxectivo de atallar coa dificultade de cada ano de obter titulados para traballar nos areais co que o Concello investíu 15.000 euros neste curso de 10 persoas (8 aprobadas) impartido por BIG Formación para ofrecelo de xeito gratuito, circunstancia que repetirá nos vindeiros meses.

Nigrán participa por sexto ano consecutivo no “Proxecto Móllate polos Ríos” de Adega cunha limpeza matinal

O Concello de Nigrán súmase por sexto ano consecutivo o domingo 27 de setembro ao “Proxecto Móllate polos Ríos” coordinado pola asociación ecoloxista Adega e que nesta ocasión se centrará no último curso do río Muíños, en Praia América (en anteriores edicións foi o Esteiro de A Foz ou a propia desembocadura deste río). Trátase da 'XIII Limpeza Simultánea' e terá lugar en ríos que atravesan medio cento de municipios de Galicia e sempre grazas ao labor de grupos de voluntarios, xa que se trata dunha iniciativa educativa que busca a concienciación social.

Casares expresa na visita ao CEMMA a súa preocupación polo declive da toniña e apela á busca do equilibrio co sector pesqueiro para conservar...

O deputado do Parlamento Europeo, Nicolás González Casares, vén de manter en Nigrán un encontro coa Coordinadora para o Estudo dos MamíferosMariños (CEMMA) no marco da súa actividade como membro das comisións de Pesca e Medio Ambiente. Foi recibido polo presidente do organismo, José A. Martínez Cedeira e polo biólogo da coordinadora, Alfredo López. Tamén participaron na reunión o alcalde de Nigrán, Juan A. González, e o concelleiro de Medio Ambiente, Diego García aos que o eurodeputado felicitou polo compromiso do Concello de Nigrán con esta ONG.

Nigrán despide este sábado o verán con un concerto inclusivo de Serafín Zubiri xunto á Banda de Música de Vincios e a pianista Brenda...

O artista invidente Serafín Zubiri, acompañando pola pianista e profesora do conservatorio de Gondomar Brenda Vidal e a Banda de Música de Vincios, despedirán este sábado 19 de setembro o verán no campo de fútbol de Lourido (Nigrán, 21:00 horas) co concerto inclusivo “Lembrando a Nino Bravo”. Con esta unión de talentos musicais exposta ex-profeso para a ocasión desde ‘Un Nigrán para todos’ o Concello adianta a celebración do Día Internacional das Persoas Xordas do día 26 de setembro.

Ábrense novos prazos de inscrición para obradoiros de rap e música urbana en Nigrán

O Concello de Nigrán empregará o rap e estilos afíns (trap, R`n`b, EDM, reggaton...) para sensibilizar entre a mocidade sobre as desigualdades de xénero e a violencia aparellada. Deste xeito, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM) ofrece unha nova oportunidade para realizar gratuítamente durante o mes de outubro catro “Obradoiros de Rap e música urbana” a cargo da escola de música de Nigrán 'Gain Over', composta por artistas locais de bandas tan recoñecidas como Blue Monk.

Baiona inicia unha campaña de sancións contra empresas e persoas “pouco cívicas”

Tirar a lixo fóra do horario establecido, depositar as bolsas na rúa, abandonar residuos en puntos non autorizados ou amontoar restos vexetais a carón dos contedores son algunhas das condutas que están a ser obxecto dos devanditos expedientes. Os infractores detectados son tanto empresas coma particulares.

Nigrán amplía o saneamento no barrio de Tomadas en Chandebrito

O Concello de Nigrán ven de rematar as obras de conexión á rede municipal de saneamento no barrio de Tomadas (Chandebrito). Deste xeito, os interesados xa poden tramitar esta conexión que beneficia a 10 vivendas e 5 parcelas pendentes de urbanizar. A través do persoal municipal o Concello emprendeu as obras e realizou a conexión mediante a instalación de 100 metros de tubaxe en PVC para completar a rede en este barrio de Chandebrito.