O Concello de Nigrán, a través do grupo de traballo ‘Un Nigrán para todos’, conmemorará como cada ano este 3 de decembro o Día Internacional da Discapacidade de xeito ‘virtual’. Nesta edición, ante a imposibilidade de repetir a gala presencial ‘Un Nigrán de Talentos’ do ano pasado, celebrarase durante toda a semana subindo vídeos ás redes do Concello onde persoas con diversidade funcional amosarán os seus talentos, capacidades e habilidades.
Este mércores unha veciña da parroquia de Mañufe, en Gondomar, foi asasinada polo seu marido que, posteriormente, intentou quitarse a vida. Con ela, xa son tres as mulleres vítimas mortais a causa da violencia de xénero na comunidade galega no que levamos de 2020, tralos crimes machistas rexistrados a principios de ano na Pastoriza e en Lugo.
O Concello de Baiona organiza por primeira vez unha campaña solidaria de recollida virtual de alimentos en colaboración cos supermercados con establecementos no municipio. Os fondos de toda a recadación da campaña irán destinados integramente á compra de alimentos por parte da ONG de Baiona 'Axuda ao Mundo Necesitado'.
Os baioneses 'La Patrulla' abrirán o vindeiro venres 4 de decembro ás 19:00 h na Praza do Concello de Baiona o ciclo Baiona. A mellor música en directo!, unha iniciativa da Concellería de Cultura que xestiona Miriam Costas co obxectivo de dinamizar e desestacionalizar a oferta cultural e de lecer baionesa. Os concertos terán lugar o 4, 5, 6, 7, 8, 11, 12 e 13 de decembro e neles participarán un total de 16 grupos con diferentes estilos que van dende o jazz ao pop pasando polo blues, funk, flamenco ou rock.
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, visitou hoxe as instalacións da empresa Efimob Efficient Solutions, radicada no Porto do Molle, en Nigrán, logo de que un dos seus proxectos resultase galardoado no marco do Programa MOVES-Proxectos Singulares, que promove o Instituto para a Diversificación do Aforro e da Enerxía (IDAE), dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.
O Concello de Nigrán acenderá o alumeado de Nadal hoxe mércores, 2 de decembro, ás 19:00 horas nunha xornada na que se estará proxectando en bucle –desde as 17:00 h ás 20:00 horas no Auditorio Municipal– unha mensaxe sorpresa dos Reis Magos aos nenos e nenas de Nigrán. Trátase dun vídeo de 2 minutos de duración elaborado exprofeso desde Oriente por Melchor, Gaspar e Baltasar para a infancia de Nigrán.
Ao redor de 40 alumnas e alumnos da comarca do Val Miñor participarán durante unha semana no I Curso de Perfeccionamento Instrumental 'Conchita Quintas', organizado polo Conservatorio Municipal de Gondomar e bautizado con este nome en honra da muller que durante tres décadas estivo á fronte do centro desde a súa creación en 1983.
O Concello de Baiona vén de iniciar as obras do de acondicionamento do deteriorado Camiño dos Eidos, na parroquia de Baíña, traballos que contan cun investimento de 93,170,93 euros e que se financiarán con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
O goberno de Nigrán aprobou esta mañá en Pleno Ordinario e coa abstención do PP a adhesión ao programa 'Xantar na Casa' de servizo de comida a domicilio para persoas maiores, dependentes ou en risco de exclusión.
“Baiona. A mellor música en directo!” comezará o vindeiro venres 4 de decembro ás 19:00 h co concerto de “A Patrulla”. O Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura, organiza unha serie de concertos co obxectivo fundamental de dinamizar e desestacionalizar a oferta cultural e de lecer baionesa.
As Escolas Deportivas de Gondomar arrincarán a súa actividade o próximo mes de xaneiro, se as condicións sanitarias permíteno. A partir deste martes 01 de decembro ábrese o prazo de inscrición que se poderá formalizar nas oficinas do pavillón Municipal Bernabé Costas entre as 10.00 e as 12.00 do mediodía, e as 17.00 e 19.00.
O alcalde de Nigrán presentou, xunto a Asociación de Empresarios Ovalmi, a campaña de promoción do comercio local 'Agora máis que nunca este Nadal merca en Nigrán' e o hashtag '#VivoEnNigránComproEnNigrán'.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.