A publicación do DOGA do xoves 3 de decembro, permitindo a apertura do sector hostaleiro, levou a moitos empresarios para exporse o seguir adiante ou non, neste difícil momento. A hostalería de Nigrán e Gondomar volveron a reabrir as súas portas o venres 4 de decembro, con todo as restricións desta apertura, conleva que non poidan desempeñar o seu traballo con normalidade.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda concede unha axuda de 300.000 euros ao Concello de Gondomar do programa Fondo de Cooperación, para adquirir a Casa Peralba co fin de rehabilitala.
O Concello de Nigrán sufragou desde o 4 de novembro 115 servizos de envío a domicilio de negocios hostaleiros do municipio, 10 veces máis que a media mensual ata agora. Paralelamente, desde o consistorio levouse a cabo unha campaña promovendo o consumo nestes locais baixo o slogan ‘Agora, máis que nunca, a hostalaría precisa de nós’. Esta iniciativa do Goberno local manterase igual mentres duren as restriccións ao sector como unha medida máis de apoio xunto á xa anunciada liña de axudas directas.
O Concello de Baiona ofrece durante a época do Nadal unha programación completa e variada con máis dunha trintena actuacións en artes escénicas e musicais. O Goberno local aposta nestas datas pola dinamización da vila cunha programación que comezar cunha serie de concertos iniciábanse este vernes día 4 e rematarán o 13 de decembro, achegando música en directo na que participarán un total de 16 grupos musicais con diferentes estilos
O Concello de Nigrán e Asociación de Empresarios Ovalmi remataron hoxe a distribución de 18.000 papeletas entre 60 establecementos adheridos á entidade para que os clientes participen no sorteo de 1.300 € en vales de 50 € para consumir en 26 locais hostaleiros do municipio durante todo o 2021.
O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, acompañado por representantes da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (ACEBA) presentou este venres a campaña de promoción do comercio local que se desenvolverá dende hoxe e ata o día 10 de xaneiro baixo o lema 'Este Nadal, non te distancies do Comercio Local de Baiona'. A iniciativa repartirá 10.000 euros en premios entre os veciños e veciñas que mequen entre os preto do centenar de establecementos adheridos á campaña.
O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, presentou este venres xunto a Asociación de Comerciantes e Empresario de Baiona (ACEBA) a campaña de promoción do comercio local “Este Nadal, Non Distánciesche do Comercio Local de Baiona” que terá lugar no municipio desde o día 4 de decembro de 2020 ata o 10 de xaneiro de 2021, ambos os dous incluídos.
Unha representación do sector hostaleiro de Nigrán e Gondomar mantivo no día de onte unha xuntanza para dar conta e analizar as reunións que, durante a pasada semana, a Comisión Hostaleira e OVALMI, mantiveron coas diferentes administracións públicas. A xuntanza, amais, serviu para analizar os compromisoso acadados e as medidas a adoptar.
O Concello de Nigrán abre oficialmente a súa programación de Nadal hoxe venres 4 de decembro e o fai co concerto que, ás 19 horas e no Auditorio Municipal, ofrecerán as Cherry Sweet ás 19:00 horas no Auditorio Municipal co aforo que estea permitido nese intre polas autoridades sanitarias.
O asasinato en Gondomar de Soledad Rey Valverde, veciña de Mañufe, vítima dun presunto acto de violencia machista, debería ser a gota que colmara o vaso xa desbordadeo da barbarie que supón as agresións contra as mulleres. Algo falla na sociedade cando a pesar das medidas, iniciativas ou estratexias que se adoptan dende as diferentes administracións, a violencia machista segue a ser unha dolorosa realidade que deixa ao aire as vergoñas dunha sociedade que parece non saber como saír dunha espiral de violencia.
A tempada de avistamentos de lobos mariños na costa galega acaba de empezar, o que supón un pequeno adianto con respecto ao ocorrido nos últimos anos. Así o constata a aparición nas últimas tres semanas de dous cachorros desta especie, que nestes momentos se recuperan das súas feridas nas instalacións da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) en Nigrán.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.