Xoves, 15 Maio de 2025

Val Miñor

A Deputación inviste máis de medio millón de euros na reposición de firme na EP-2204 Sabarís-Belesar, en Baiona

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra ven de aprobar o proxecto para acometer a reposición do firme nos 6,3 quilómetros da EP-2204 Sabarís-Belesar, no termo municipal de Baiona, no que a institución provincial investirá un orzamento de 541.310 euros. Estes traballos enmárcanse no modelo de mobilidade que desenvolve a Deputación, co obxectivo de garantir a accesibilidade e a seguridade viaria no conxunto da rede de estradas provinciais.

Nigrán inicia hoxe coa xira do Paxe e Buzón Reeal unha programación de Nadal 100 % local que se achegará a todas as parroquias

O Concello de Nigrán arranca o luns 14 coa xira do Paxe e Buzón Real unha programación de Nadal realizada na súa totalidade por artistas do municipio e que, en boa medida, se achegará a cada parroquia cos mesmos espectáculos para manter aforos reducidos acordes á realidade sanitaria. O deseño da oferta cultural de Nadal realizouse tras establecer o goberno local unha bolsa de contratación específica dirixida a este sector e conta coa colaboración das entidades veciñais como respectivas sedes para poder ser itinerante.

Gondomar dótase de colectores para a recollida de catuchos de tinta e tóner

O concello de Gondomar, a través da súa concellería de Medio Ambiente e Transición Ecolóxica, poñerá en marcha unha nova iniciativa destinada a favorecer a reutilización e reciclaxe de materiais que utilizamos no noso día a día e que son altamente contaminantes.

Nigrán leva a Pleno a aprobación de 120.000 euros en axudas directas á hostalaría e ao sector do taxi

O Goberno de Nigrán levará ao Pleno do 21 de decembro a aprobación das bases para establecer axudas directas de 120.000 € ao sector hostaleiro afectado polo peche sanitario do 4 de novembro e ao sector do taxi da localidade afectado polas restrición de mobilidade. A cantidade da subvención finalmente incrementouse para incluír tamén a bonificación na hostalaría do recibo trimestral da auga e a parte proporcional do lixo e, no sector do taxi, a axuda será de 70 € para compensar o imposto de Rodaxe.

Baiona cancela todas as actividades da fin de semana logo de coñecerse que será obxecto de “especial vixilancia” pola súa evolución epidemiolóxica

O Concello de Baiona vén de anunciar a cancelación das actividades programadas para esta fin de semana, unha medida que o Goberno que preside Carlos Gómez adoptou "por responsabilidade" tras o anuncio en rolda de prensa do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, de que o municipio será obxecto "dunha vixilancia especial pola súa evolución epidemiolóxica".

O alcalde de Nigrán estrea o seu cargo como vocal da ‘Comisión de Cooperación para el Desarrollo’ da FEMP

O alcalde de Nigrán, Juan González, participou esta mañá telemáticamente na primeira reunión de seguimento da ‘Comisión de Cooperación Para el Desarrollo’ da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

Coque Araújo Campión Nacional de Paddlesurf 2020

O galego Coque Araújo, do Waira Club Galego de Surf, proclámase Campión Nacional absoluto de Paddlesurf Race aos seus 44 anos e leva A Copa de España tras o seu 5º posto na última proba celebrada en Cabo de Paus (Murcia) neste difícil 2020.

O Concello de Nigrán reparte 60 cestas de Nadal de Cespa, para repartir entre as persoas usuarias dos Servizos Sociais

O Concello de Nigrán recibíu esta semana por parte da concesionaria de limpeza Cespa-Ferrovial unha donación de 60 cestas de Nadal para repartir entre as familias usuarias dos Servizos Sociais do Concello.

Baiona desvela que a cabalgata de Reis será estática no parque de “A Palma” e con visitas dos Reis Magos ás parroquias

O alcalde e a concelleira de Cultura desvelaron un dos segredos mellor gardados da programación do nadal: A Visita dos reis meigos ao Concello de Baiona. O Concello de Baiona decidiu modificar a súa tradicional cabalgata de Reis, que habitualmente percorría as súas rúas máis importantes o 5 de xaneiro, e deseñou unha versión de “cabalgata visitable e estática”.

A Deputación convoca para o sábado unha xornada de retiraza de “basureleza” na Serra da Groba ao abeiro do Proxecto Libera

A Deputación de Pontevedra organiza unha nova xornada de retirada de “basuraleza” ao abeiro do Proxecto Libera, no marco da campaña “1m2 por praias e mares”, que se desenvolverá este vindeiro sábado 12 de decembro na Serra da Groba, no concello de Baiona. As persoas voluntarias interesadas en participar poden inscribirse a través do formulario que atoparán na web da institución provincial (www.depo.gal).

O Concello de Nigrán estrea un vídeo promovendo o consumo local cos propios comerciantes como protagonistas

O Concello de Nigrán avanzou esta pasada noite o trailer do vídeo promovendo o consumo local no Nadal e protagonizado polos propios comerciantes do municipio. Eles mesmos expoñen mirando á cámara cadanseu motivo para mercar dentro de Nigrán, seguindo así coa mensaxe das anteriores campañas ao respecto levadas a cabo polo consistorio.

Nigrán leva aos escaparates a súa campaña para promover o consumo local no Nadal

O Concello de Nigrán leva dende onte a súa campaña de promoción do comercio local 'Agora máis que nunca este Nadal merca en Nigrán' a 60 escaparates do municipio adheridos a Ovalmi. Así, grazas á colaboración da asociación de empresarios, o Concello contratou o servizo do deseñador gráfico de Sabarís Juan Hernández e o seu irmá Ignacio (ilustrador profesional) para pintar con rotulador branco sobre vidro o hashtag '#VivoEnNigránComproEnNigrán' dun xeito decorativo.