Sábado, 5 Xullo de 2025

Val Miñor

O Concello de Gondomar é asesorado pola Xunta para tratar de desbloquear a tramitación do PXOM

A directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarna Rivas, e o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, mantiveron esta unha reunión de carácter técnico para tentar desbloquear o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) no que traballa o Concello desde o ano 2009.

Gondomar abre prazo para solicitar as axudas municipais para material escolar

O próximo martes, 15 de xuño, abrirase o prazo para presentar as solicitudes para optar a estas axudas para adquisición de material escolar de educación infantil do próximo curso 2021-22, ás que poderán optar familias que se atopen en situación de emerxencia social.

O Concello de Nigrán repite o programa ‘Música nas parroquias’

O Concello de Nigrán repetirá este ano o seu programa ‘Música nas Parroquias’ para que se poidan celebrar todas as festas patronais do municipio, xa que novamente ou ben non se constituíron comisións organizadoras por mor da crise do Covid-19 ou estas tiveron totalmente limitada a posibilidade de recadar fondos.

Gondomar obtén a “Escoba de Plata” por “facer do municipio unha contorna máis sostible”

O xurado da Asociación Técnica para a Xestión de Residuos e Medio Ambiente (ATREGUS) deu a coñecer esta tarde o resultado da XVII edición do certame recoñecendo o importante traballo realizado polo concello de Gondomar e a súa aposta por mellorar o coidado do medio ambiente e a sustentabilidade do municipio.

O Concello de Nigrán ofrece este sábado o concerto de ‘Pino&Pino’

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 12 de xuño ás 20:00 horas no Auditorio Municipal o concerto do dúo de guitarras e canto ‘Pino&Pino’, que presentará o espectáculo ‘Guitarras y voces de España y Latinoamérica’.

Ferreira, “a señora Bouzós vive á marxe da realidade de Gondomar”

A recente reunión de Paula Bouzós co conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, “non ten máis obxectivo que buscar a foto”, asegura o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, xa que nela “non se achegou información nova sobre o noso municipio e simplemente trasladáronse obviedades sobre asuntos que en Gondomar avanzaron grazas á xestión do noso Goberno e non á intervención do executivo galego”.

Baiona encherase co I Festival de Maxia “Baiona Pinta Maxia”

Baiona acollerá o sábado 26 e o domingo 27 de xuño o seu primeiro Festival de Maxia baixo o título “Baiona Pinta Maxia”. O evento, organizado pola Concellería de Cultura, congregará a artistas de recoñecido prestixio dentro do ilusionismo, como Camilo Vázquez, Roberto Lolo, Meigo Rafa ou Dani Polo.

O Punto limpo de Gondomar xestionou 309.500 quilos de residuos no 2020, un 70 % máis respecto ao ano anterior

O Concello de Gondomar continúa o seu camiño cara un municipio máis sostible, apostando por unha política que prioriza accións na procura dese obxectivo ao longo de todo o ano. Dende a concellería de Medio Ambiente, dirixida por Brais Misa, quérense subliñar as importantes accións desenvolvidas para mellorar as instalacións do Punto Limpo municipal, e actualizar a normativa que o regulaba adaptándoa á nova realidade e ás novas necesidades da veciñanza, cada vez máis concienciada medioambientalmente.

Concello de Nigrán e CSIC únense o sábado para festexar o Día Mundial dos Océanos

Concello de Nigrán e Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) únense á conmemoración do Día Mundial dos Océanos (8 de xuño) e do inicio da Década das Ciencias Oceánicas para o Desenvolvemento Sostible (2021-2030) coa xornada artística “Nigrán Con-Ciencia. Activistas de Lapis e Pincel”.

Nigrán adquire 200 novos composteiros individuais para repartir entre a veciñanza

O Concello de Nigrán ven de adquirir 200 novos composteiros individuais para repartir gratuitamente entre a veciñanza que o solicite no mail [email protected] ou no teléfono 986 36 50 00.

Carlos Méixome presenta o seu libro ‘Catas na memoria. A persecución franquista no Val de Miñor’, en Nigrán

O Auditorio Municipal de Nigrán acollerá este venres ás 20:00 horas a presentación do último libro de Carlos Méixome 'Catas na memoria. A persecución franquista no Val de Miñor' (Edicións Laiovento).

Aberto o prazo do campamento urbano de verán gratuíto que ofrece o Concello de Baiona

A Concellería de Cultura do Concello de Baiona abriu o prazo para inscribirse no campamento urbano que se celebrará no mes de agosto. A actividade é gratuíta e está destinada a menores de 5 a 12 anos.