Sábado, 5 Xullo de 2025

Val Miñor

O CB Nigrán estrea equipacións de cara á nova tempada

Estes novos equipamentos manteñen as cores vermello e negro identificativos do Club, en cuxas camisetas aparecen sublimadas os logos do Concello de Nigrán e Deputación e no pantalón a imaxe de Bani, mascota do CB Nigrán.

Rematadas as obras de mellora do espazo peatonal da Foz do Miñor

O Concello de Baiona ven de rematar as obras de mellora do espazo peatonal da Foz do Miñor, no tramo que percorre o interior da calzada en paralelo ao paseo marítimo.

O Concello de Nigrán acolle do 10 ao 12 de setembro a final do Campionato de España de Petanca Tripletas Masculino

O Concello de Nigrán acollerá do 10 ao 12 de setembro en Praia América a final do campionato de España de Tripletas Senior 1ª Masculino coa participación de 32 equipos de 13 federacións de petanca, o que convirte o evento nunha oportunidade única para difundir este deporte e o propio municipio.

A Xunta inicia as obras de mellora do sistema de regulación do caudal ecolóxico da presa de Baiona

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, iniciou as obras de mantemento e mellora do sistema de regulación do caudal ecolóxico da presa de Baiona, que suporá un investimento autonómico de 270.000 euros.

Nigrán organiza o Camiño de Santiago pola Costa para persoas xubiladas

O Concello de Nigrán ofrece aos seus maiores a posibilidade de realizar o Camiño de Santiago pola costa desde A Ramallosa adaptado a tres etapas de 20 km de andaina (complétanse con autobús) durante os sábados 11, 18 e 25 de setembro.

Nigrán e Acanor Novás Valinox promoven o balonmán na comarca organizando un torneo triangular

Concello de Nigrán e o aclamado Acanor Novás Valinox organizan o sábado 11 de setembro desde as 18:00 horas un torneo triangular no Pavillón Municipal de Panxón coa presenza tamén do Club Balonmano Zamora e Club Cisne Balonmán, todos equipos na División de Honra de Prata Masculino.

Carlos Blanco, Touriñán, Piedrahita e Lucía Veiga chegan este venres a Nigrán co espectáculo ‘Comicamente’

O Concello de Nigrán ofrece este venres 27 de agosto desde as 22:00 horas no campo de fútbol de Lourido o espectáculo ‘Comicamente’ coa presenza dos monologuistas Carlos Blanco, Luis Piedrahita, Xosé A.Touriñán e Lucía Veiga como mestra de cerimonias, ademais de DJ Toccororo como encargada da música en directo. As derradeiras entradas están á venda a través de Ataquilla con prezos entre os 15 e 20 €.

Nigrán finaliza a posta en valor do Cruceiro de Mallón

O Concello de Nigrán rematou hoxe coa posta en valor do cruceiro de Mallón o plan de asfaltados de nove rúas da parroquia de San Pedro de A Ramallosa por importe de 151.145 € a cargo do Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra.

O Concello de Nigrán recupera o festival ‘Rock in Patos’ este sábado 28 de agosto

O Concello de Nigrán recupera este sábado 28 de agosto con 'Family Folks' e a banda tributo a Leño 'El tren' o seu senlleiro festival 'Rock in Patos' (o ano pasado foi cancelado ante o incremento de casos Covid-19).

Gondomar estrea o maior parque lúdico canino da provincia grazas á Deputación

O Concello da Gondomar vén de gañar un novo espazo público para o lecer canino e o descanso e esparexemento de viandantes, unha obra financiada cunha achega da Deputación de preto de 85.000 euros ao abeiro do Plan Concellos.

Nigrán ofrece o concerto de A Roda na festividade de San Roque de Camos

O Concello de Nigrán ofrece o concerto de A Roda na festividade de San Roque de Camos (24 de agosto) xunto a un show infantil e a Banda de Música do Val Miñor a través do seu programa municipal #MúsicaNasParroquias.

Máis de 150 aventureiros exploradores dispostos a descubrir todos os recunchos de Gondomar

A actividade, pensada principalmente para familias con nenos, ten como obxectivo dar a coñecer a contorna de Gondomar de forma amena e facilitando unha xornada de lecer e encontro familiar neste tempo de verán.