4.5 C
Pontevedra
Martes, 5 de Decembro de 2023
Máis
    HomeVal MiñorNigránO Concello de Nigrán recupera o festival 'Rock in Patos' este sábado...

    O Concello de Nigrán recupera o festival ‘Rock in Patos’ este sábado 28 de agosto

    O festival máis roqueiro do Concello de Nigrán regresa este ano á zona do mercado de Patos con entrada libre ata completar o aforo

    O Concello de Nigrán recupera este sábado 28 de agosto con ‘Family Folks’ e a banda tributo a Leño ‘El tren’ o seu senlleiro festival ‘Rock in Patos’  (o ano pasado foi cancelado ante o incremento de casos Covid-19). Novamente, a zona do mercado de Patos (rúa Cansadoura) coas súas marabillosas vistas á praia de Abra,  será o escenario elixido para que os amantes do rock gocen da música en directo. Esta terceira edición, que conta novamente co apoio económico da Deputación de Pontevedra a través da liña 2 do Plan Concellos, volverá a ser inclusiva grazas ás cinco mochilas vibratorias do Concello de Nigrán para o uso das persoas xordas, así, os interesados en empregalas deben solicitalas previamente no mail info@entresignos.com ou no whatsapp 690679675. ‘Rock in Patos’ volverá a unir ‘Rock&Food&Beer’  coa presenza de  Capitán Filloa e Trisk-Ale cervexas.

    “Viviremos un solpor espectacular cara a Praia de Abra coa música en directo de dúas bandas da comarca especialistas neste xénero”, explica Juan González, alcalde de Nigrán, quen aposta por darlle a mesma continuidade ao ‘Rock in Patos’ que ao Nigranjazz, Solpor, Vive Nigrán ou ChandeFolk. “En Nigrán programamos festivais durante todo o verán para tódolos gustos e idades e en espazos espectaculares que poñen en valor o noso municipio”, resume.

    O rock de raíces de Family Folks, presente nos seus dous discos ‘All the Lost Causes’ e ‘The Anvil Sea’, abrirá o festival ás 21:00 horas mesturando o seu son coas ondas do mar, o olor a salitre, a taberna, as raíces folk, as causas perdidas… O grupo está liderado por Bosco Hill (The Last But One,  Hill &  The  Rebolution!) e Rubén Xuárez (Mec mecs, High Serras, Foggy Mental  Breakdown) xunto aos irmáns Martín e Jorge López (Los Wavy Gravies, Dead Wood) na sección rítmica, Óscar Liboreiro na guitarra eléctrica e producción e Xabier Vieitez no teclado.

    A continuación, sobre as 22:00 horas, Tucho Alonso á guitarra e voz, Bruno Alonso á batería e Joselo Gomez ao baixo e coros porán en marcha ‘El Tren’, considerada como a mellor banda tributo a Rosendo e os éxitos de Leño a nivel nacional, sendo habituais na escea viguesa. Xuntos revivirán á perfección temas míticos como ‘Maneras de vivir’, ‘Agradecido’, ‘Este Madrid’, ‘Flojos de pantalón’, ‘Sorpréndete’ ou ‘Qué desilusión’ .

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.