Sábado, 5 Xullo de 2025

Val Miñor

Concello de Nigrán e Aqualia poñen en marcha a campaña ‘O váter nunca coma papeleira’

Concello de Nigrán e Aqualia veñen de por en marcha no municipio unha campaña de sensibilización baixo o título 'O váter nunca como papeleira' para concienciar aos cidadáns sobre o coidado e uso axeitado da rede de saneamento. Así, grazas á colaboración da Asociación de Empresarios Ovalmi, estes distribuirán entre os establecementos hostaleiros do municipio pegatinas ilustradas que exemplifican os diferentes usos incorrectos e, adicionalmente, o Concello as colocará nos WC públicos e nos colexios.

Baiona inicia unha campaña de reforzo da limpeza viaria que inclúe o decapado de beirarrúas

O Concello de Baiona iniciou unha campaña de reforzo da limpeza viaria a través da realización de distintos decapados das beirarrúas, que completan os labores habituais de limpeza viaria. Esta iniciativa, de carácter extraordinario, arrincou a mediados da semana pasada para realizar baldeos nas beirarrúas con equipos de limpeza con auga a presión e outros medios mecánicos.

Gondomar adquire unha marcadora para loitar contra a velutina

O goberno local de Redondela vén de adquirir unha marcadora dentro da súa política de dotar de medios e materiais aos apicultores que loitan contra a vespa velutina e ante a escasa resposta e inacción da Xunta á hora de exercer as súas competencias nesta materia.

O ‘Club de Petanca Prat’, campión de España de Tripletas na final disputada esta fin de semana en Nigrán

O 'Club de Petanca' Prat resultou campión do LXIII Campeonato de España Tripletas Senior Masculino e Copa S.M El Rey desputado durante toda a fin de semana en Praia América (Nigrán) baixo a organización do Concello de Nigrán e o C.C.D. Bolos da Carrasca e co apoio da Deputación de Pontevedra a través da liña 2 do Plan Concellos. Os cataláns impuxéronse na final do domingo aos murcianos do C.P.Las Palomas de San Basilio.

Sabarís acollerá o vindeiro domingo 19 de setembro, a terceira edición do rastro familiar ‘MercadiYO’

O vindeiro domingo 19 de setembro, a Avenbida Julián Valverde de Sabarís acollerá a celebración da terceira edición do rastro familiar 'MercadiYO', festa da reciclaxe. Trátase dunha orixinal iniciativa que se desenvolve baixo o lema “o que a ti sóbracha, outros o necesitan” no que os participantes expoñerán nos seus postos todo aquilo que se adoita gardar no trasteiro.

Gondomar poñerá en marcha unha ‘Escola Municipal de Xadrez’

O Concello quérese converter nun punto de encontro de xadrecistas e en promotor da práctica deste xogo en toda a comarca do Val Miñor “da que esperamos xurdan novos campións e campioas na materia”. A Escola, que comenzará a funcionar en breve, abrirá a matrícula para a mocidade e adultos.

Gondomar subvenciona a adquisición de material escolar infantil ás familias en situación de emergencia social

O Concello de Gondomar vén de poñer en marcha unha liña de axudas para que as familias que se atopan en situación de emerxencia social, poidan adquirir o material escolar infantil. A subvención, un total de 1.400 euros, destínase á adquisición de material escolar nas etapas de infantil, axudas que a Xunta non cobre e que o Goberno local financia íntegramente. Nesta ocasión son 13 familias as que se benefician do bono de 100 euros no inicio do actual curso escolar.

Baiona afonda na súa aposta pola recuperación da gran romaría de San Cosme e San Damián

O Concello de Baiona abre hoxe o prazo para a presentación de solicitudes de venda ambulante durante a Festa do Mel e as Noces que se celebrará os próximos 24, 25 e 26 de setembro co motivo da Romaría de San Cosme e San Damián. Nos distintos postos de venda ofertaranse produtos do campo, comida, artesanía ou plantas poderán instalarse este ano nunha nova edición da Festa do Mel e das Noces de Baiona.

Gondomar dota ao municipio do Regulamento do Programa Municipal de Acción de Voluntariado

O pleno do Concello de Gondomar deu luz verde ao regulamento que rexerá a acción dos voluntarios e voluntarias no municipio, un texto que, entre outras cuestións, inclúe a creación dunha bolsa municipal de voluntariado con seguro e formación para os seus integrantes. A colaboración poderase desenvolver en diferentes proxectos como os sociais, sanitarios educativos ou ambientais, entre outros.

Nigrán constrúe unha senda peonil a través do CEIP Humberto Juanes para achegar máis a nova biblioteca a todo o centro urbano

O Concello de Nigrán está a construír unha senda peonil a través do CEIP Humberto Juanes que evitará á veciñanza dar o actual rodeo pola rúa Rosalía de Castro para achegarse a pé á nova Biblioteca ou a súa contorna. O novo atallo comunica Curros Enríquez (entrada ao colexio) con Estrada pola Vía reducindo a distancia total nun 20% (uns 500 metros). Deste xeito, o alumnado do centro educativo só terá que cruzar o paso de peóns de Estrada pola Vía (altura do número 120) para estar na porta de acceso á Biblioteca.

A Xunta inviste 19.000 euros na mellora da seguridade na PO-552 en Nigrán, no treito do Camiño Portugués pola Costa

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, achegouse onte ata a estrada PO-552 en Nigrán, no tramo polo que discorre o Camiño Portugués da Costa, para supervisar o inicio das obras de mellora da seguridade viaria programadas polo Executivo autonómico e que contan cun investimento de 19.000 euros.

Gondomar investirá 63.500 euros na construción de vestiarios e mellora das instalacións deportivas de Borreiros

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, e o presidente da Comunidade de Montes Veciñais de Borreiros, acordaron asinar un convenio que recolle o compromiso do goberno local de acometer esta actuación a cambio da cesión da parcela e as súas instalacións para uso municipal.