Xoves, 18 Setembro de 2025

Val Miñor

Este domingo conmemorarase en Chandebrito o cuarto aniversario dos incendios

Concello de Nigrán, Comunidade de Montes de Chandebrito e Asociación de Veciños 'O Castro' conmemoran este domingo 17 de outubro na parroquia o 'IV Aniversario dos Incendios' cunha prantación desde as 11:30 horas na zona de 'Chans de Rapadouro' de 200 especies autóctonas doadas polo CFEA de Lourizán dependente da Axencia Galega de Calidade Alimentaria da Xunta.

Gondomar pon en marcha un ciclo de cinema galego no seu programa cultural

A iniciativa, desenvolta coa colaboración de Cineclub Val Miñor Alice Guy, arrinca este venres coa proxección do primeiro título que recolle o programa 'Gondocultura Outono', ao que se sumará o sábado unha nova cita co teatro, coa produción de Señora Supina titulada No Golfo.

Nigrán organizará unha ofrenda floral polo 85 aniversario de ‘A volta dos nove’

O Concello de Nigrán conmemorará un ano máis este venres 15 de outubro ás 12:00 horas o 85 aniversario dos tráxicos asasinatos coñecidos como 'A volta dos nove'.

Suspensión temporal do subministro de auga en Priegue

O Concello de Nigrán avisa da suspensión temporal do subministro de auga en Priegue, mañá día 14 de outubro. O horario previsto do corte será entre as 9:00 e as 18:00 horas.

O Concello de Nigrán conmemora con Avelaíña o Día Mundial da Saúde Mental

O Concello de Nigrán uníuse á conmemoración do Día Mundial da Saúde Mental iluminando de verde este domingo 10 de outubro a fachada da Casa Consistorial e acollendo esta mañá na Praza do Concello unha mesa informativa a cargo de Avelaíña para divulgar o traballo que realizan e os recursos que hai na comarca.

Baiona reinvindica o seu papel de ligazón entre o universo hispano e o continente europeo e o resto do mundo

Baiona converteuse no escenario da celebración do Día da Hispanidade na Provincia de Pontevedra. A Praza do Concello acolleu o acto protocolario organizado conxuntamente polo Concello de Baiona e a Deputación de Pontevedra.

Nigrán adquirirá un microbús eléctrico para establecer unha liña circular dentro do municipio

O Concello de Nigrán consignará no vindeiro Pleno 320.000 € para a adquisición dun microbús 100% eléctrico que permita establecer unha liña circular dentro do propio municipio.

Gondomar inicia as sesións de traballo para elaborar o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía do municipio

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, presidiu o primeiro encontro de traballo no que xunto ao concelleiro de Medio Ambiente, Brais Misa, as técnicas deste departamento, Karina Pereira e Paula Rivera, así como outros representantes do goberno local, no que a empresa Inova Labs expuxo os pormenores e accións concretas a abordar para poder elaborar e redactar o futuro plan.

A Deputación leva ao Val Miñor o documental ‘Acorda’, teatro e un obradoiro de música

A Deputación, grazas ao seu programa de Memoria Histórica ‘O Pasado Por Vir’, vai encher de actividades e contido o ‘Mes da Memoria’ organizado Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) no Val Miñor coincidindo co aniversario dos asasinatos da Volta dos Nove.

O turismo natural, a gran aposta de Baiona para a época post-Covid

A natureza e o ecoturismo son as bazas coas que o Concello de Baiona aposta para reflotar o turismo na época post-Covid.

Nigrán únese o sábado 16 de outubro á ‘X Limpeza simultánea de praias’ de Adega

O Concello de Nigrán súmase ,este sábado 16 de outubro, á décima xornada de limpeza simultánea de praias en toda Galicia capitaneada pola asociación ecoloxista Adega.

Nigrán ofrece este xoves o documental da Deputación “Acorda. Cartografía musical da memoria histórica de Pontevedra”

O Concello de Nigrán, en colaboración co Instituto de Estudios Miñoranos, ofrece este xoves 14 de outubro ás 20:00 horas no Auditorio Municipal o documental "Acorda. Cartografía musical da memoria histórica de Pontevedra".