19.4 C
Pontevedra
Martes, 23 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán únese o sábado 16 de outubro á 'X Limpeza simultánea de...

    Nigrán únese o sábado 16 de outubro á ‘X Limpeza simultánea de praias’ de Adega

    Os interesados deben inscribirse a través dun formulario na web municipal. Levarase a cabo desde as 17:00 horas e incluirá unha actividade de descubrimento de microplásticos na area

    O Concello de Nigrán súmase ,este sábado 16 de outubro, á décima xornada de limpeza simultánea de praias en toda Galicia capitaneada pola asociación ecoloxista Adega. Esta desenvolverase desde ás 17:00 horas por vez primeira na cala de Portocelo (tamén coñecida como Seixos Negros) en Monteferro. O punto de encontro é a entrada á sede da Comunidade de Montes de Monteferro ás 17:00 horas e ao rematar a limpeza (sobre as 18:30 horas, no propio areal) levarase a cabo unha actividade de descubrimento de microplásticos a cargo dun educador ambiental de Amigos da Terra. Os voluntarios interesados en participar nesta décima edición deben inscribirse a través dun formulario na web municipal www.nigran.es. Recoméndase levar roupa e calzado axeitado, auga e luvas.

    As limpezas de praias son actos simbólicos, nos que non se debe ver ao voluntariado como man de obra barata para deixar limpos os areais. Son actividades de concienciación e educación ambiental que permiten que a cidadanía coñeza a problemática dos residuos mariños, a súa procedencia e os impactos que causan, así como avaliar cales son as medidas que cada un de nós pode desenvolver para minimizar este problema. Tapóns, bolsas, anacos de redes ou de cordas de nailon, son exemplos de restos de orixe plástico que alén do seu impacto visual supoñen un perigo para a fauna e a flora mariña e mesmo representarían, pola súa transferencia trófica, un risco para os seres humanos. Os modelos de consumo e produción segue sen mudar, e agora coa pandemia parece que o consumo de plástico aumentou por esa falsa percepción de que é máis hixiénico. Tamén atopamos outro novo inimigo nos nosos areais…as Máscaras.

    Todo iso fai que cada ano 10 millóns de toneladas de lixo rematen nos océanos. Moito deste lixo provén da industria do mar (pesca, extraccións…), pero unha gran parte chega das nosas casas. O obxectivo das limpezas de praias é a de eliminar parte dos residuos que están nas praias, así como dar unha chamada de atención sobre esta cuestión.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.