Sábado, 10 Maio de 2025

Nigrán

Nuria Gómez, nova presidenta do C.B. Nigrán

Nuria Gómez, actual Directora Deportiva do Club Baloncesto Nigrán é, dende esta pasada semana, a nova presidenta da entidade. Substitúe no cargo a Enrique Villar González que, despois de cinco anos, deixa a presidencia do club e o seu posto na Xunta Directiva. Villar foi un dos piares nos que, neste tempo, o C.B. Nigrán basou o seu crecemento e a xunta directiva lembra que "baixo a súa presidencia acadáronse importantes logros deportivos" amais de ser quen de "fortalecer de forma moi especial a faceta social da entidade".

Nigrán inaugura hoxe o seu primeiro ‘Banco contra a transfobia’

O Concello de Nigrán inaugurou este sábado 13 de xuño o seu primeiro banco contra a transfobia no marco da ‘Semana da Diversidade Sexual’ que organiza xunto a Sociedade Galega de Sexoloxía e a Asociación de Familias de Menores Trans Chrysallis. O mesmo está pintado cos colores da bandeira transxénero (rosa, azul e branco) e o lema ‘Non a Transfobia’, e está xa instalado na propia Praza do Concello, núcleo do centro urbano de Nigrán.

Prado Surf Escola iniciou hoxe as actividades de ‘O Teu Xacobeo’

Durante todo o mes de xuño Prado Surf Escola, en colaboración coa Xunta de Galicia, pon en marcha unha actividade dentro do programa 'O Teu Xacobeo' para promocionar o Camiño de Santiago entre a poboación local do terceiro sector. A primeira destas actividades arrancou hoxe xoves 11 con Aldeas Infantís Redondela.

Nigrán completa o abastecemento a toda a parroquia de Parada tras ampliar en 6.500 metros a rede

O Concello de Nigrán rematou as obras que permitirán achegar o abastecemento de auga a 947 persoas dos barrios de O Con, As Cartas, A Laxe, A Rúa, A Igrexa e A Carrasca, completándose así toda a Parroquia de Parada en menos de 4 anos. O Concello solicitou o 29 de abril a preceptiva autorización sanitaria á Xunta de Galicia para poder subministrar auga e agarda que o goberno autonómico lle dé a maior celeridade para que nos vindeiros días sexa efectiva

Nigrán colaborará coa celebración das festas patronais do municipio co programa ‘Música nas parroquias’

O Concello de Nigrán ofrecerá este ano o programa ‘Música nas Parroquias’ para colaborar na celebración de todas as festas patronais do municipio, xa que este ano ou ben non se constituíron comisións organizadoras por mor da crise do Covid-19 ou estas tiveron totalmente limitada a posibilidade de recadar fondos. Deste xeito, o Concello investirá un total de 20.000 € con axuda do Plan Concellos 2020 da Deputación para que en cada unha das parroquias, coincidindo seu día grande, celebren o concerto dunha banda de música a mediodía (13:00 horas) tras a habitual procesión.

Nigrán cortará o subministro de auga mañá na zona de Lourido e A Ramallosa por obras de mantemento

O Concello de Nigrán informa da interrupción do subministro de auga programado para mañá martes 9 de xuño entre 8:30 horas e 13:00 nas contornas de Lourido e A Ramallosa por mor da realización de traballos de mantemento e mellora da rede pública de abastecemento no cruce entre Francisca Lago e Torrente Ballester.

Nigrán agasalla un póster de recordo a toda a infancia e maiores aos que lle celebrou o aniversario durante o confinamento

O Concello de Nigrán regalará a todos os nenos e maiores aos que lle celebrou o aniversario durante o confinamento un póster conmemorativo onde se reúnen nun mosaico todas as imaxes dos homenaxeados que autorizaron fotos e o debuxo dun corazón coroado co lema ‘Que a vida continúe achegando os corazóns’. O Concello tratará de levar durante este mes un a cada casa, pero estará tamén a disposición das familias na Oficina de Información Cidadá.

Nigrán subvencionará a entrada de 70 negocios locais na plataforma de comercio electrónico ‘DBarrio’

O Concello de Nigrán ampliará de 50 a 70 a cantidade de negocios locais aos que custeará a licencia para poder formar parte da plataforma de comercio electrónico 'Dbarrio' co obxectivo de que se adhiran a esta app que ofrece envío a domicilio e, con elo, fortalecer ao pequeno comercio. Deste xeito, o Concello de Nigrán inviste finalmente 4.000 € nas licencias dando cabida a todos os establecementos que se anotaron, ademáis, tamén subvencionará a 2 transportistas para que ao consumidor final de Nigrán non se lle engadan gastos de envío ás compras realizadas no Val Miñor.

CB Nigrán volve “coas pilas cargadas” e a mirada posta na tempada 2020/2021

A dirección deportiva do Club Baloncesto Nigrán, logo da obrigada paréntese marcada pola crise da COVID 19, volve ao traballo coas vistas postas no futuro ou, o que é mesmo, na preparación da tempada 2020/2021.

Nigrán inviste preto de 30.000 euros no acondicionamento das pistas deportivas dos colexios de Camos e Mallón

O Concello de Nigrán iniciou esta semana as obras para acondicionar as pistas deportivas do colexio CEIP Mallón e CEIP da Cruz (Camos) cun investimento de preto de 30.000 € a cargo de Hormigones Valle Miñor. Trátase de dúas vellas demandas de ambas comunidades educativas, xa que ambas pistas eran de aglomerado asfáltico desde a súa construción hai décadas.

Nigrán contará cun novo aparcadoiro público e gratuíto de preto de 2.500 metros cadrados

O Concello de Nigrán contará ao longo do mes de xuño cunha nova finca céntrica que servirá de aparcamento público e gratuíto, cumprindo así a mesma función que o situado anteriormente na rúa Vilameán (cedido gratuítamente desde 2013 a decembro de 2019, cando quedou inoperativo porque a promotora propietaria do mesmo emprendeu as obras para construír 40 chalés pareados).

Nigrán inicia a renovación da rede de abastecemento da rúa Arquitecto Palacios de Panxón

O Concello de Nigrán, a través da concesionaria Aqualia, rematará nos vindeiros días as obras para renovar 260 metros da rede de abastecemento da rúa Arquitecto Palacios en Panxón (tramo entre as pistas de tenis de Gaifar e o Pavillón, nesta mesma marxe) e así zanxar definitivamente as constantes avarías na zona coa conseguinte perda de auga. Unha vez rematada esta obra, se procederá a asfaltar o firme.