Martes, 13 Maio de 2025

Nigrán

A Casa dos mestres de Balinfra acolle ao alumnado da especialidade de atención Socio-sanitaria do Obradoiro de Emprego “Crea e Coida Miñor”

O Obradoiro de emprego “Crea e Coida Miñor” formado polas especialidades de “Atención Socio sanitaria a persoas en domicilios e a persoas dependentes en institucións sociais” e “Deseño de produtos gráficos”, pretende cubrir un aspecto clave da actividade do Val Miñor, por un lado atender a un colectivo, cada vez máis numeroso, de persoas dependentes tanto en institucións como en domicilios e por outro aspectos transversais que afectan como a especialidade de creación e el deseño gráfico.

Nigrán, a través do Centro de Información á Muller, pon en marcha un programa de teleformación destinado a mulleres co obxectivo da incorporación laboral

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres e cofinanciado pola Deputación de Pontevedra, organiza un programa de teleformación destinado a mulleres empadroadas en Nigrán, darase preferencia ás mulleres en situación de desemprego. No caso de que non se cubran a totalidade das prazas poderan participar mulleres empadroadas noutros concellos.

O Concello de Nigrán e Revolto Artesán Galego, ofrecen un mercado de coleccionismo e antigüidades este fin de semana na Ramallosa

O Concello de Nigrán e a asociación Revolto Artesán Galego ofrecen esta fin de semana durante todo o día un mercado de coleccionismo e antigüidades na Alameda de A Ramallosa cumprindo co protocolo covid-19 e coa animación de DJ Gramola de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. A maiores, os nenos entre 6 e 10 anos poderán anotarse a obradoiros de manualidades de 17:00 a 18:00 horas inscribíndose antes no mail [email protected].

Mañá sábado 29, no barrio do Sancho en Nigrán, o Rey Midas presenta o espectáculo ‘De principio a fin’

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial do verán, acolle este sábado 29 de agosto, ás 19:00 horas no barrio de Sancho (Panxón), a estrea do último espectáculo do mago Rey Midas 'De principio a fin' con motivo da festa de 'San Juan Degollado'.

Nigrán abre o prazo de inscrición para participar nun roteiro do Camiño de Santiago pola costa o domingo 30 de agosto

O Concello de Nigrán pecha os roteiros da súa programación de verán 'Equilibrio Natural' con un polo Camiño Portugués pola costa este domingo 30 con saída ás 10:00 desde a Alameda de San Campio. Os interesados deben inscribirse previamente no mail [email protected] indicando os seus datos.

Nigrán e Vigo acollen esta semana a campaña de concienciación da Xunta para promover un turismo seguro

No marco do programa Galicia destino seguro, a Xunta de Galicia escolleu esta semana a comarca de Vigo para dar continuidade á campaña itinerante de concienciación que durante todo o verán está promovendo un turismo seguro en distintos puntos de Galicia. O espazo informativo móbil estará mañá mércores e o xoves na cidade de Vigo na rúa Concepción Arenal na zona anexa á delegación da Xunta de Galicia. O venres estará en Nigrán, concretamente en Praia América, na desembocadura do río Muíños.

Nigrán reunirá a 300 nadadores na X edición da Travesía a nado Costa Serena, que se celebrará o 6 de setembro

A X edición da Travesía a nado Costa Serena-Gran Premio Concello de Nigrán reunirá a 300 nadadores entre as cinco probas que se disputarán o 6 de setembro en Praia América. A travesía estará marcada por un estrito protocolo sanitario para garantir a seguridade dos participantes, voluntarios e público asistente. Contará coa presenza de nadadores de máis de 50 clubs de natación de sete Comunidades autónomas e unha importante representación de nadadores portugueses con idades comprendidas entre os 5 e os 71 anos. Nesta edición, a participación de mulleres representa máis do 30% do total de nadadores, porcentaxe que foi aumentando nos últimos anos (26% en 2018 e 28% en 2019).

Nigrán creará un grupo de voluntariado para coordinar as entradas e saídas seguras do alumnado

O Concello de Nigrán, a suxerencia das direccións e anpas de todos os centros educativos públicos do municipio, creará un grupo de voluntariado para coordinar as entradas e saídas seguras do alumnado nos colexios. Esta foi unha das propostas que xurdiron na reunión convocada pola Concellería de Educación o venres pasado no Salón de Plenos para analizar conxuntamente a aplicación do protocolo Covid-19 da Xunta nos colexios de Nigrán.

Nigrán continúa hoxe, no Val Miñor Fest, co programa ‘A igualdade non é un conto’

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), continúa este venres ás 20:30 na Alameda de A Ramallosa e dentro do Valmiñor Fest (festival da cervexa artesanal) o programa 'A igualdade non é un conto', dirixido á infancia e que inclúe varios contacontos, un espectáculo de maxia e outro de monicreques.

O ‘Chandefolk’ homenaxea este sábado no concerto de Milladoiro a Antón Seoane, veciño de Camos e membro fundador da formación

A través da Comunidade de Montes de Chandebrito e a Asociación de Veciños os integrantes de Milladoiro crearán a tarde do sábado o 'Bosque de Maeloc' reforestando 7.000 m2 con especies autóctonas e inaugurando un monumento

Dende o xoves A Ramallosa énchese de música e cervexa artesá nunha nova edición do ‘Val Miñor Fest’

As principais marcas de cervexa artesana de toda Galicia, unidas a unha de Madrid e outra do Bierzo, volven a protagonizar desde este xoves 20 ata o domingo 23 na Alameda de A Ramallosa a cuarta edición do ‘Val Miñor Fest’, o primeiro festival de toda a comarca adicado á súa degustación e na que estará presente a cervexa creada este verán pola empresa local Trisk-Ale baixo o nome ‘Nigrán, equilibrio natural’.

Nigrán abre a inscrición para a ruta guiada polo sendeiro circular das Medoñas, entre Priegue e Camos

O Concello de Nigrán ten aberto o prazo de inscrición no mail [email protected] para participar no seu roteiro guiado este xoves polo sendeiro circular das Medoñas –entre Priegue e Camos– dentro da súa programación #NigránEquilibrioNatural. Os interesados deben presentarse ás 10:00 do xoves 20 no Camiño do Monte, 21, en Priegue e, no caso de precisar intérprete de lingua de signos, deben solicitalo no mesmo mail de inscrición.