Mércores, 14 Maio de 2025

Nigrán

A Deputación destina máis de 1,2 millóns de euros a outros sete concellos, Gondomar, Nigrán e Tui entre eles

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar novos recursos por un importe total de 1.225.347 euros, ao abeiro do Plan Concellos, para Campo Lameiro, Dozón, Gondomar, Lalín, Nigrán, Tui e Pazos de Borbén.

A Xunta realiza traballos de conservación e limpeza nos ríos Muíños e Pinicho en Nigrán

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a desenvolver traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos dos ríos Muíños e Pinicho, no concello de Nigrán.

O Concello de Nigrán cancelará todas as actividades deportivas e culturais municipais durante o peche perimetral

O Concello de Nigrán cancela a partir do sábado todas as actividades culturais e deportivas municipais mentres teña vixencia o novo peche perimetral, polo que esta será a derradeira semana ata novo aviso.

Nigrán iniciará este venres unha campaña promovendo entre a veciñanza o pedido a domicilio na hostalería

O Concello de Nigrán iniciará desde este mesmo venres unha campaña para promover os pedidos a domicilio na hostalaría do municipio tralas novas restriccións anunciadas pola Xunta que implican o peche deste sector, permitíndose só os envíos. Desde o Concello repetirán o modelo de campaña municipal elaborada durante o confinamento estrito con motivo de Pascua ou Día da Nai ou para incentivar a compra no pequeno comercio.

Nigrán convértese no municipio con máis electroliñeiras de España

O Concello de Nigrán ven de estrear esta semana unha nova electroliñeira con catro subministradores de carga rápida en Panxón (ao carón do Pavillón) o que convirte ao municipio no primeiro de España en número de dispositivos. Así, esta súmase á outra tamén de Iberdrola inaugurada o pasado mes de outubro ao carón do Centro de Negocios do parque empresarial Porto do Molle e á semi-rápida gratuíta disposta no 2018 polo propio Concello ao lado da Casa Consistorial.

O Concello de Nigrán inicia unha campaña de recollida de xoguetes para repartir no Nadal entre as familias en situación de vulnerabilidade

O Concello de Nigrán inicia ata o 18 de decembro a campaña 'Agasallos de Corazón', destinada á recollida de xoguetes para repartir entre usuarios dos Servizos Sociais do municipio e tamén para promover o Roupeiro Municipal (tanto para doazóns como para recoller prendas).

Nigrán inicia a tramitación para rexenerar o monte de Santa Cruz, en San Pedro, e convertelo nun “novo pulmón verde” para o municipio

O Concello de Nigrán iniciou a tramitación para gañar en San Pedro, concretamente no coñecido como 'Monte de Santa Cruz', unha nova área forestal para o disfrute da veciñanza. En total, trátase de 12.700 m2 situados ao carón do coñecido como Monté Eiró ou Das Agullas (Parada). Esta zona boscosa, composta nun 95 % por pino do país, está históricamente desatendida ao non figurar como inscrito en man común ou propiedade privada.

Nigrán suspende o concerto do sábado con motivo das Letras Galegas ao entrar novamente o concello no nivel vermello pola COVID

O Concello de Nigrán cancela o concerto do sábado de ‘Xardín Desordenado’ no Auditorio Municipal con motivo do Día das Letras Galegas ante o regreso hoxe do municipio ao nivel vermello por Covid-19 (semáforo establecido polo Sergas cando se confirman máis de 21 contaxiados confirmados por PCR na última semana). O goberno local, tal e como fixo coa gala dos Premios Nigrán e a suspensión de actos cando se rexistrou alerta vermella, toma esta decisión por responsabilidade. Deste xeito, aprázase ata novo aviso reprogramándose unha vez que a situación sanitaria mellore.

Nigrán abre hoxe o prazo para que as asociacións do municipio soliciten axudas

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publica hoxe as bases específicas que rexen a concesión das subvencións do Concello de Nigrán para as diferentes entidades do municipio (culturais, veciñais, festeiras ou deportivas). O prazo de solicitude é de 10 dias naturais contando a partir de mañá, o que significa que a data límite é o 8 de novembro. A partida orzamentaria destinada a este fin increméntanse de 72.000 € a 80.000 €

A Deputación reafirma o seu compromiso con Nigrán coa estrea da Praza da Carrasca e garante as sendas peonís de Chandebrito e Parada

A praza da Carrasca xa está recuperada para o desfrute da veciñanza de Nigrán e, especialmente, da parroquia de Parada. Os deputados de Cooperación, Santos Héctor, e de Infraestruturas, Gregorio Agís, visitaron hoxe a actuación, na que se teñen investido 73.795 euros con cargo ao Plan Concellos, acompañados polo alcalde, Juan González.

Nigrán presentará unha moción esixindo á Consellería de Sanidade un cambio urxente no sistema de Atención Primaria

O goberno de Nigrán presentará no vindeiro pleno ordinario de novembro unha moción elaborada pola plataforma SOS Sanidade Pública na que se alerta á Xunta da necesidade de reforzar a Atención Primaria e de cambiar o actual sistema de consulta telefónica. Por este motivo, o alcalde, Juan González, e o edil de Seguridade, Rubén Rial, mantiveron esta mañá un encontro con Jesús Araujo Nores, membro de SOS Sanidade Pública e da Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública (AGDSP).

Nigrán celebra as Letras Galegas este sábado co concerto de ‘Xardín Desordenado’

O Concello de Nigrán sumarase á conmemoración das Letras Galegas este sábado 31 de outubro (nova data designada pola Real Academia Galega ao coincidir o 17 de maio en confinamento) co concerto de Xardín Desordenado ás 20:00 no Auditorio Municipal. Esta programación especial en homenaxe a Ricardo Carvalho Calero conta co apoio da Deputación de Pontevedra para actividades de dinamización da lingua galega. Como ven sendo habitual, o aforo estará limitado a 54 persoas para manter unha correcta distancia de seguridade.