12.8 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán iniciará este venres unha campaña promovendo entre a veciñanza o pedido...

    Nigrán iniciará este venres unha campaña promovendo entre a veciñanza o pedido a domicilio na hostalería

    Recompilarán nunha guía todos os bares e restaurantes que ofrezan a posibilidade de entrega a domicilio, moitos deles gratuítos a través de Dbarrio.com

    O Concello de Nigrán iniciará desde este mesmo venres unha campaña para promover os pedidos a domicilio na hostalaría do municipio tralas novas restriccións anunciadas pola Xunta que implican o peche deste sector, permitíndose só os envíos. Desde o Concello repetirán o modelo de campaña municipal elaborada durante o confinamento estrito con motivo de Pascua ou Día da Nai ou para incentivar a compra no pequeno comercio.

    Os negocios interesados en figurar nesta guía que se distribuirá desde este mesmo venres a través de redes sociais e cartelería deberán enviar antes de mañá xoves ás 23:00 horas un mail a comunicacion@nigran.org indicando os seus datos básicos (nome do negocio, especialidade e web ou teléfono para pedidos e custe). O Concello de Nigrán investiu en maio 4.000 € en licencias para que calquera tipo de negocio do municipio se puidese adherir gratuítamente á plataforma de comercio electrónico ‘Dbarrio’ adicada ao envío a domicilio (o Concello incluso subvenciona o transporte, de xeito que chega a resultar gratuíto dentro do horario establecido, o que o fai máis atractivo agora mesmo para a hostalaría).

    “Isto é un golpe moi duro para os negocios de Nigrán, que por segunda vez nun ano afrontan o peche, por iso temos que ser conscientes da situación e apoialos facendo pedidos a domicilio. Cada un de nos ten a posibilidade de axudalos, queremos as rúas cheas de vida cando todo isto pase e para iso temos que apostar por eles agora”, incide o alcalde, Juan González.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.