Sábado, 5 Xullo de 2025

Nigrán

Nigrán consignará 12.000 € do orzamento 2021 para erradicar a herba da pampa co asesoramento de Galicia Ambiental

O Concello de Nigrán consignará 12.000 € do seu orzamento 2021 para crear un plan estratéxico de erradicación da herba da pampa ou cortaderia selloana, especie invasora fácilmente identificable polos seus plumeiros de sementes.

As axudas da Xunta ao sector da hostalería en Redondela, no Val Miñor e no Val da Louriña, cífranse en preto de 6,5 millóns...

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, informou que o Goberno galego xa abonou 6,5 millóns de euros das axudas concedidas ao sector da hostalería na área de Vigo.

Nigrán instala o primeiro parque de calistenia de todo o Val Miñor

O Concello de Nigrán ultima a instalación do primeiro parque de calistenia-street workout da comarca ao carón do Pavillón Municipal de Panxón mediante o investimento de 14.000 € a cargo das baixas do Plan Concellos 2018. Deste xeito, o deporte de moda a nivel mundial entre a mocidade poderá ser practicado no municipio a partir do mes de febreiro, cando estea xa concluída a colocación desta complexa estrutura da marca Kenguru, a mellor valorada polos usuarios e a única homologada no campionato mundial.

O Concello de Nigrán ultima un segundo plan de axudas á hostalería do municipio ante a persistencia das limitacións sanitarias

O goberno local de Nigrán proporá un novo plan de axudas directas á hostalaría do municipio ante a persistencia das restricións sanitarias que limitan directamente o traballo do sector. Esta nova convocatoria súmase á actualmente en vigor.

Nigrán establece só apertura mediante cita previa do roupeiro municipal mentres duren as restricións máximas

O Concello de Nigrán establece deste esta mesma semana e mentres duren as restricións máximas a apertura do Roupeiro Municipal só mediante cita previa no 986365000 ou no mail [email protected].

O Concello de Nigrán facilita os seus espazos verdes ao centro Juan María para un curso de mantemento de zonas axardinadas

O Concello de Nigrán facilita os seus espazos verdes para a realización de prácticas laborais do alumnado do CEE Juan María como parte do curso 'Limpeza Vial e Mantemento de zonas axardinadas'.

Nigrán facilitará o emprego das prazas de aparcamento para discapacitados mediante unha novidosa aplicación móbil única en Galicia

O Concello de Nigrán dará un paso máis no seu proxecto 'Un Nigrán para todos' de eliminación de barreiras físicas e cognitivas facilitando o emprego das prazas de aparcamento habilitadas para persoas discapacitadas mediante unha novidosa aplicación móbil única en Galicia e que en España só funciona en Beasain (País Vasco).

Nigrán apela á solidariedade da veciñanza para recibir doazóns de roupa de cama e tallas grandes para o roupeiro municipal

O Concello de Nigrán apela á solidariedade da veciñanza para solicitar á doazón de roupa de cama e tallas grandes en bo estado para o Roupeiro Municipal nun momento de especial necesidade ante a crise económica derivada da situación sanitaria e a ola de frío. O voluntariado, despois destas semanas de gran reparto debido ás temperaturas xélidas, detecta á necesidade de recibir máis roupa de cama de todo tipo (sábanas, mantas, edredóns, nórdicos) e prendas de tallas grandes (masculinas e femininas, desde calzado a abrigos, pantalóns...). O Roupeiro (situado na rúa Paradellas, ao carón do IES Val Miñor) abre os mércores e xoves de 10:00 a 12:30 horas (os venres de 16:30 a 18:00 mediante cita previa no 986383081) cun protocolo Covid-19 que

Marta Fernández-Tapias supervisa o remate das obras do tramo de concentración de accidentes na PO-552 ao seu paso por Nigrán

A delegada Territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, xunto ao alcalde de Nigrán, achegouse hoxe ata a PO-552 para supervisar o remate dos traballos para eliminar os treitos de concentración de accidentes en 3 quilómetros desta estrada ao seu paso pola citada localidade.

O Concello de Nigrán concede 26.476 € en subvencións a 18 entidades do municipio

O Concello de Nigrán concedeu un total de 26.476 € en subvencións a 18 entidades culturais, veciñais, educativas e deportivas do municipio. A pesares de que a partida orzamentaria destinada a este fin incrementouse no 2020 de 72.000 € a 80.000 €, neste pasado ano as socilitudes de axuda caíron drásticamente ao non teren organizado moitas actividades por mor da Covid-19.

Nigrán xa conta cun piano de cola ofrecer esta nova aprendizaxe na actividade de música

O Concello de Nigrán ven de investir 9.500 euros na compra dun piano de cola Yamaha negro pulido de 151 cm (e a correspondente funda acolchada a medida) para poder ofrecer a aprendizaxe deste instrumento na actividade municipal de Música, conformada actualmente por 58 alumnos de guitarra e violín. O obxectivo do Concello é poder ofrecer desde este mesmo curso esta nova posibilidade, polo que abrirá nas vindeiras semanas un periodo de preinscrición co obxectivo de determinar a necesidade horaria en función da demanda.

Nigrán estrea o programa ‘Xantar na Casa’ co primeiro reparto de comida a domicilio para maiores e dependentes

O Concello de Nigrán estrea o ano coa posta en marcha desde hoxe mesmo do programa ‘Xantar na Casa’, un servizo de comida a domicilio destinado a garantir unha alimentación saudable a persoas maiores de 60 anos, dependentes ou en risco de exclusión social , sendo o primeiro municipio na comarca do Val Miñor en participar neste programa conxunto co Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e Benestar.