Domingo, 6 Xullo de 2025

Nigrán

O Concello de Nigrán celebra a través de ‘Un Nigrán para todos’ o Día Mundial da Xustiza Social cunha xornada online

O Concello de Nigrán, a través do grupo de traballo sobre discapacidad ‘Un Nigrán para todos’, celebrará o 20 de febreiro, Día Mundial da Xustiza Social, cunhas xornadas online dirixidas a abordar esta cuestión desde todos os seus ángulos.

O Concello de Nigrán pecha o seu primeiro entroido telemático de 36 grupos de conviventes participantes

O Concello de Nigrán pechou este mediodía o seu primeiro entroido telemático cun total de 36 grupos de conviventes participantes nesta iniciativa para poder festexar esta tradicional data na intimidade familiar e, polo tanto, sen risco sanitario.

Nigrán ampliará as axudas ao sector hostaleiro, a empadroados co negocio fora do municipio e a non empadroados con negocio en Nigrán

O Concello de Nigrán ampliará o criterio das axudas ao sector hostaleiro para que inclúa tamén como beneficiarios aos autónomos empadroados no municipio pero con negocio fora da localidade e viceversa (autónomos non empadroados en Nigrán pero con negocio no municipio).

A Deputación protexe un noiro na estrada de Nigrán a Vincios ao detectar signos de erosión trala vaga de lumes de 2017

A estrada provincial EP-2102, que une Nigrán con Vincios, recuperou a normalidade tralo remate das obras de consolidación dun gran noiro que estaba a sufrir os efectos da erosión. A Deputación actuou preventivamente para evitar desprendementos e instalou unha estrutura metálica de protección cunhas obras de emerxencia valoradas nuns 31.000 euros.

O Concello de Nigrán instala en Praia América catro espazos preferentes para persoas como mobilidade reducida

O Concello de Nigrán avanza na creación dun areal 100 % inclusivo ao instalar en Praia América-Lourido catro espazos preferentes a modo de solarium para persoas con mobilidade reducida. A actuación realizouse a través dunha subvención de 45.451 € do GALP (Grupo de Acción Local Costeira) que, a súa vez e entre outros aspectos, permitíu instalar catro novas ramplas de madeira de acceso ao areal que rematan con cadanseu solarium do mesmo material e aproximadamente 4x2 metros.

A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada en Nigrán o martes 16

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada en Nigrán o martes día 16 de febreiro. Este autobús estará emprazado diante da Casa do Concello de Nigrán o martes 16 en horario de tarde de 10:00 a 14:30 horas e 16:00 ás 21:00 horas.

O goberno de Nigrán iniciará no vindeiro pleno os trámites para irmandarse co municipio coruñés de Valdoviño

O goberno de Nigrán iniciará no vindeiro pleno ordinario do 22 de febreiro os trámites de irmandamento co coruñés de Valdoviño co obxectivo de promover e fomentar a cultura surfista que comparten desde a orixe deste deporte en Galicia nos anos 70.

O Concello de Nigrán abre ata o 1 de marzo o prazo de preinscrición para ofrecer clases de piano e linguaxe musical no vindeiro...

O Concello de Nigrán abre ata o 1 de marzo un primeiro prazo de preinscrición para aqueles veciños empadroados no municipio que estén interesados en recibir clases de piano e linguaxe musical no vindeiro curso e dentro das actividades culturais municipal que xa ofrecen violín ou guitarra.

O Concello de Nigrán abre desde este venres ao martes 16 o prazo para participar no concurso de entroido telemático dirixido a conviventes

O Concello de Nigrán abre desde este venres 12 ao martes 16 de febreiro o prazo para participar no concurso de disfraces telemático dirixido a familias de conviventes co obxectivo de que se festexe esta tradicional data na intimidade familiar e, polo tanto, sen risco sanitario. Como incentivo para a participación, os premios constarán de tablets e cestas gastronómicas.

Zona Franca inicia as obras de 14 naves en Porto do Molle cun investimento de 6,3 millóns

O Consorcio da Zona Franca de Vigo iniciou a construción de 14 naves no Parque Empresarial de Porto do Molle, en Nigrán, cun investimento de 6,3 millóns. Trátase de naves polivalentes, entre 300 e 500 metros cadrados, que cobren demándaa tipo das pemes cun deseño innovador.

Nigrán incluirá ao ‘Cine Imperial’ da Ramallosa na bonificación du 95% do IBI ao seren declarado por vez primeira de interese municipal

O Concello de Nigrán incluirá por vez primeira na bonificación do 95% do Imposto de Bens Inmobles (máxima rebaixa permitida por lei e aprobada polo goberno de Nigrán no 2016) ao Cine Imperial da Ramallosa.

O Concello de Nigrán dota de sistema de renovación de aire e climatización o Centro Antena

O Concello de Nigrán ven de dotar dun novo sistema de renovación de aire e climatización ao Centro Antena Municipal cun investimento de 28.000 € que permite adaptalo a toda a lexislación vixente ao respecto.