Mércores, 2 Xullo de 2025

Nigrán

Inícianse as obras de saneamento á rúa Mestra Emérita de Priegue en Nigrán

O Concello de Nigrán iniciou a pasada semana as obras para levar o saneamento ao tramo de 330 metros que resta da rúa Mestra Emérita de Priegue e 150 metros de Pablo Iglesias cun investimento de 70.000 € a cargo das baixas do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

O artista José Manuel Zapata actuará en Nigrán co seu monólogo lírico ‘Del Revés’

O Templo Votivo de Panxón volverán a ser protagonista dun dos grandes concertos de verán no municipio.

O Concello de Nigrán ofrece un concerto de verán na Ramallosa este domingo

O Concello de Nigrán ofrece dentro da súa programación da tempada estival o tradicional concerto de verán na Alameda de A Ramallosa este domingo 18 de xullo ás 12:00 horas a cargo da Banda de Música do Val Miñor, nacida o ano pasado a raíz da pandemia.

A Escola Municipal de Pintura de Nigrán amosa os seus traballos no Auditorio

O Auditorio Municipal acollu na tarde do xoves 15 de xullo, a inauguración da XIII Exposición de Pintura de Nigrán, formada por cadros de 21 alumnos e alumnas da Escola Municipal de Pintura de Nigrán, dirixida pola profesora Ana Barbará.

Nigrán celebra, o luns 26 de xullo, o Día dos Avós cunha xornada festiva no torreiro de Priegue

O Concello de Nigrán conmemora un ano máis o luns 26 de xullo o Día dos Avós cunha xornada festiva adicada a eles. Esta terá lugar desde o mediodía no Torreiro de Priegue e constará de photocall, almorzo, xogos tradicionais e actuación musical. Os interesados en participar (empadroados en Nigrán maiores de 65 anos) deberán anotarse entre o 15 e 16 de xullo de 10:00 a 13:00 horas no 986365000. O límite de aforo para esta xornada gratuíta é de 50 persoas, polo que se seguirá unha rigorosa orde de inscrición.

A temporada FEST Galicia da Xunta arranca co festival Vive Nigrán

Vive Nigrán regresa ao recinto no que naceu en 2017, o Campo de fútbol de Monte Lourido en Praia América, unha contorna privilexiada e cunha programación para todas as idades.

Zona Franca recibe mostras de interese de empresas polas novas naves de Porto do Molle cando queda un ano de obras

O delegado do Goberno de España en Galicia, José Miñones, visitou algunhas das instalacións da Zona Franca de Vigo acompañado polo delegado do Estado no Consorcio, David Regades.

O NigranJazz volverá a reunir na Foz aos artistas nacionais e internacionais con maior proxección mundial

O festival Nigranjazz, organizado polo Concello de Nigrán e co apoio da Deputación de Pontevedra, volverá a reunir na súa décimoquinta edición o 30 e 31 de xullo no esteiro de A Foz (A Ramallosa) aos músicos nacionais e internacionais con maior proxección planetaria nun ano marcado novamente polas limitacións da pandemia.

Nigrán será escenario do tour 2021 da Escola de Rock de Paredes de Coura, en Portugal

O Concello de Nigrán formará parte este verán do tour 2021 da Escola de Rock de Paredes de Coura (Portugal) ao ofrecer un concerto o 29 de xullo ás 19:00 horas no campo de fútbol de Lourido.

Nigrán acolle, en Porto do Molle, a fase previa do Campionato de España de Petanca de Tripletas

O Concello de Nigrán acolle esta fin de semana a fase previa do campionato de España de Tripletas en Porto do Molle con preto de 250 deportistas de toda Galicia divididos en 65 equipos de categorías senior feminina e masculina (primeira e segunda) e xuvenil.

O festival ‘Sona Gaifar’ chega esta fin de semana a Nigrán

O Concello de Nigrán abre este venres e sábado a súa tempada de festivais musicais de verán coa segunda edición de Sona Gaifar neste espazo municipal de Panxón (Gaifar).

O “Verán Deportivo” da Deputación chega ás praias de Nigrán

Entre o 10 de xullo e o 15 de agosto as praias de Baltar en Sanxenxo, Lourido en Poio, Panxón en Nigrán e Rodeira en Cangas encheranse de “vida” a través do “Verán Deportivo” un programa que patrocina por vez primeira a Deputación de Pontevedra.