Mércores, 2 Xullo de 2025

Nigrán

Nigrán abre o prazo de inscrición para o roteiro polo ‘Outeiro dos Mouros’

O Concello de Nigrán ten aberto o prazo de inscrición para participar este mércores 4 de agosto no roteiro guiado polo 'Outeiro dos Mouros', na parroquia de Parada.

Nigrán mantén a súa esencia na programación sociocultural de agosto

O Concello de Nigrán continúa este verán co seu lema ‘Nigrán, equilibrio natural’ para presentar unha programación sociocultural de agosto no que se manteñen os principais eventos de cada ano e se engaden novidades para todo tipo de públicos e gustos.

O esteiro de A Foz acolle hoxe e mañá o XV Nigranjazz

O festival Nigranjazz, organizado polo Concello de Nigrán e co apoio da Deputación de Pontevedra a través da liña 2 do Plan Concellos, volverá a reunir este venres e sábado na súa décimoquinta edición no esteiro de A Foz (A Ramallosa) aos músicos nacionais e internacionais con maior proxección planetaria nun ano marcado novamente polas limitacións da pandemia.

O alcalde de Nigrán solicita á Xunta a gratuidade da autoestrada do Val Miñor

O alcalde de Nigrán, Juan González, e a deputada nacional e portavoz de Transformación Digital do Congreso, Ángeles Marra, mantiveron un encontro para informar de primeira man das diferentes axudas económicas que aprobará o goberno central en beneficio dos concellos.

Nigrán comprométese a evitar a emisión de 23.271 toneladas de CO2 de aquí ao 2030

O Concello de Nigrán aprobou unánimemente no pleno ordinario deste luns o plan de acción do ‘Pacto Europeo de Alcaldes polo Clima e a Enerxía’ para acadar unha reducción das emisións de CO2 nun 40% de aquí a 2030.

Nigrán festexa San Campio este domingo na Alameda da Ramallosa

O Concello de Nigrán, se finalmente a climatoloxía o permite, festexa este domingo 25 de xullo San Campio na Alameda da Ramallosa, contorna adicada precisamente a este santo e ao que debe o nome.

Nigrán ofrece as festas patronais de Santiago de Parada con distintas actuacións

O Concello de Nigrán ofrece esta fin de semana as festas patronais de Santiago de Parada con distintas actuacións a través do programa municipal #MúsicaNasParroquias financiado mediante a liña 2 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

Nigrán tripite con Carlos Núñez este verán en Monteferro

O Concello de Nigrán ofrece unha terceira oportunidade o día 7 de agosto ás 11:00 horas para todos aqueles que se quedaran sen entradas para ver a Carlos Núñez no miradoiro de Monteferro o 6 e 7 de agosto ás 20:00 horas, citas nas que se esgotaron en tempo record.

O Concello de Nigrán subvenciona por segundo ano consecutivo campamentos para persoas con discapacidade intelectual

O Concello de Nigrán e o centro Juan María veñen de asinar por segundo ano consecutivo un convenio para financiar o proxecto 'Lecer para todos 2021' (campamento urbano) por importe de 2.500 € e como parte do programa municipal 'Un Nigrán para todos'.

Nigrán apraza novamente o ‘Solpor Monteferro’ e o monólogo lírico de Zapata ante a previsión de choiva nestes días

O Concello de Nigrán, ante a previsión de choiva, vese na obriga de adiar novamente o festival ‘Solpor Monteferro’ previsto para este xoves 22 e venres 23 e o concerto do tenor José Manuel Zapata programado este sábado 24 no CPI Arquitecto Palacios. O primeiro trasladarase para o 16 e 17 de agosto e o segundo para o 4 de setembro.

Volve á praia a X edición da carreira ‘Nigrán Area’

Concello de Nigrán e a Sociedade Atlética Val Miñor, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, Federación Galega de Atletismo e Deporte Galego, retoman o sábado 7 de agosto décima edición da 'Nigrán Area'

Nigrán bonificará o 75% do imposto de terrazas e mantén a flexibilización da súa ampliación

O Concello de Nigrán bonificará novamente o 75% do imposto de terrazas ante a persistencia da crise do Covid-19. Así, o alcalde de Nigrán, Juan González, asinou co presidente da asociación de empresarios Ovalmi, José Ángel González, unha prórroga do convenio de colaboración firmado no 2020.