Martes, 8 Xullo de 2025

Nigrán

Nigrán ofrece este domingo un monólogo

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial polo ‘Mes da Muller’, ofrece este domingo 12 de Marzo ás 19:00 horas no Auditorio Municipal o monólogo de Arantxa Treus ‘Sexo débil… O carallo!’.

O Basque Culinary Center visitará Arbo

En apenas dous meses, entre o 28 e o 30 de abril, celebrase a sesenta e tres Festa da Lamprea, que este ano se estrea como Festa de Interese Turístico Internacional e Arbo, segue recibindo visitantes atraídos polo misterio e encantos de este manxar que identifica á vila “Lamprea” e os seus viños con D.O. Rías Baixas.

Nigrán estrea a exposición de fotobordados ‘Pioneiras’

O Concello de Nigrán estreou, coincidindo co Día Internacional da Muller, a mostra de fotobordados 'Pioneiras', realizada por usuarios da Fundación Érguete e que estará exposta durante todo o mes nas dependencias municipais.

Continúa o prazo para presentar ofertas de rehabilitación do muíño de Porto do Molle

O Concello de Nigrán mantén ata o 21 de marzo o procedemento aberto para que as empresas interesadas presenten ofertas para rehabilitar integralmente o muíño de Porto do Molle cun orzamento base de 259.152,94 euros.

O pavillón de Nigrán acolle este venres o ‘II Trofeo Concello de Nigrán’

Dous dos clubes máis punteiros do balonmán galego, o Valinox Novás de O Rosal (División de Honra Prata) e Cisne de Pontevedra (Asobal) disputarán este venres 10 de marzo no Pavillón Municipal de Panxón ás 21:00 horas o ‘II Trofeo Concello de Nigrán’.

Nigrán estrea este mes o seu primeiro ciclo ‘Primavera de Jazz’

O Concello de Nigrán estrea a partir deste mes de marzo, e ata maio, o seu primeiro ciclo ‘Primavera de Jazz’ con tres citas impresicindibles cos mellores músicos galegos.

Concello de Nigrán e SOGASEX convocan un concurso de curtametraxes

O Concello de Nigrán e a Sociedade Galega de Sexoloxía (SOGASEX) convocan un concurso de curtametraxes coa sexualidade e os abusos como eixo temático para coincidir coa ‘Semana da Diversidade Sexual’ que cada ano ofrecen conxuntamente en xuño, cando se dará a coñecer ao gañador (2 de xuño).

Nigrán abre as inscricións para unha excursión de maiores a Portugal

O Concello de Nigrán, dentro do seu programa de turismo social para a veciñanza da terceira idade, abre a inscrición este luns 6 de Marzo de 9:00 a 14:00 na Oficina de Turismo de Panxón para unha excursión a Portugal o domingo 12 de marzo.

Nigrán retoma este sábado o programa de paseos saudables

O Concello de Nigrán repetirá desde este 4 de marzo ao 22 de abril o programa de andainas dos sábados destinado a fomentar o hábito de camiñar como un exercicio saudable.

Nigrán celebra este sábado o enterro do kiko

O Concello de Nigrán pecha o seu entroido este sábado 4 de marzo co tradicional enterro do kiko, evento realizado sempre grazas ao Centro Cultural Parada do Miñor.

Nigrán comenza o seu ‘Mes Violeta’ este sábado

O Concello de Nigrán abre este sábado, 4 de marzo, a programación especial do 'Mes Violeta' cunha morea de actividades destinadas a concienciar sobre a igualdade de xénero entre público infantil, adulto e adolescente.

Gran acollida da ruta literaria de Domingo Villar

Literatura e turismo consolidan un binomio perfecto en Nigrán grazas á novela de Domingo Villar ‘A praia dos Afogados’. A proba é que a ruta literaria presentada polo Concello de Nigrán na Feria Internacional de Turismo (FITUR) está a despertar interés nacional e internacional.