Martes, 1 Xullo de 2025

Nigrán

Felicitacións do Concello de Nigrán ao Campión de España de Doma Clásica Paraecuestre, Alejandro Nande

O alcalde de Nigrán, Juan González, acudíu este mediodía ao centro ecuestre Cearán do Céan (Nigrán) para felicitar persoalmente ao seu director, Alejandro Nande, proclamado Campión de España de Doma Clásica Paraecuestre por terceira vez.

O programa ‘Música nas Parroquias’ chega a Chandebrito para as festas patronais

O Concello de Nigrán ofrece por cuarto ano consecutivo o programa municipal ‘Música nas Parroquias’ para colaborar coas festas patronais do municipio, sendo este fin de semana as do Cristo da Victoria de Chandebrito.

Teatro este sábado en Nigrán

O Concello de Nigrán, a través do seu convenio con Fegatea, presenta este sábado 10 de xuño ás 20:00 horas no Auditorio Municipal de Nigrán a obra 'O Randiña' da Asociación dramatúrxica Pico do Castro (Foz, Lugo).

Abertas as inscricións para o campus de verán do CB Nigrán

O campus de verán que o Club Balincesto Nigrán organiza, en colaboración co Concello, desenvolverase no pavillón municipal de Panxón e abre hoxe o seu prazo de inscrición.

A Escola Municipal de Gravado de Nigrán reproduce artísticamente algas das Illas Atlánticas

As algas autóctonas embelecen o Auditorio do Concello de Nigrán ata o 18 de xuño. Este prodixio é grazas á Escola Municipal de Gravado, que expón neste espazo parte do traballo realizado ao longo do curso e, con especial interese, amosan o proxecto común no que centraron os derradeiros meses.

Nenos de Tui, O Porriño, Nigrán e Tomiño participan en “DepoEmprende na escola”

Máis de 250 nenos de colexios de toda a provincia demostraron o seu potencial emprendedor no mercado solidario efémero que instalou a Deputación de Pontevedra na céntrica praza da Porta do Sol de Vigo como colofón da sétima edición do programa “DepoEmprende na Escola”.

Descúbrese un novo arco no muíño de Porto do Molle durante a rehabilitación

Sorpresa nas obras do Concello de Nigrán para rehabilitar o muíño de Porto do Molle. O movemento de terras e limpeza de matogueiras e lama revelou unha cuarta arcada na zona do inferno (por onde circula a auga) e dous muros de pedra tradicionais no exterior en forma de 'L' .

Nigrán acolle o venres unha charla sobre diversidade sexual

Dentro da IV Semana de Diversidade Sexual de Nigrán quérese analizar, reflexionar e debater sobre a normalización da cultura da violación, esa que minimiza as agresións sexuais e silencia os abusos sexuais a menores.

Novos roteiros urbanos en xuño en Nigrán

O Concello de Nigrán continúa este mes de xuño cos roteiros urbanos ofrecendo o sábado 10 e o domingo 25 o programa 'Paseando Nigrán' con percorridos circulares de aproximadamente 2 horas.

Aqualia revisa en Nigrán os enganches irregulares

A empresa concesionaria do servizo de augas do Concello de Nigrán, Aqualia, iniciou o pasado mes de abril unha intensa campaña para vixiar, controlar e detectar posibles accións fraudulentas de consumo de auga sen contador ou “enganches irregulares” e evitar os consumos que non se rexistran e consecuentemente non se facturan

A escola de teatro de Nigrán pecha o curso cunha gran gala o sábado

A escola de teatro municipal de Nigrán pechará o curso este sábado cunha gran gala teatral na que os máis de 40 alumnos e alumnas mostrarán as obras nas que levan traballando os últimos dous meses

Adxudicados os quioscos de praia en Nigrán

O Concello de Nigrán ven de adxudicar os 8 quioscos de praia do municipio por un importe total de 160.480 € con prezos de licitación que oscilaron desde os 34.125 € de Praia América (cifra récord) aos 7.120 € do posto de churros de Lourido.