A accesibilidade á Casa da Cultura de Gondomar xa non é un problema. As obras de eliminación de barreiras arquitectónicas e instalación de ascensor remataron despois dun investimento de 50.728 euros, achegados pola Deputación a través do Plan Concellos.
Un ano máis o goberno local de Gondomar e a entidade crediticia aúnan esforzos para axudar ás familias máis vulnerables do municipio coa achega, por parte da Obra Social da Fundación da Caixa, de 5000 euros anuais que se destinarán para a adquisición de alimentos e produtos de primeira necesidade.
A nova infraestrutura contou cun investimento de 88,600 euros, financiados con cargo aos orzamentos do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) e cofinanciado a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).
Gondomar segue desenvolvendo o seu programa cultural que está pensado para alcanzar ao maior número de público ofrecendo variedade de contidos nas actividades prevsitas esta semana, que inclúe a estrea do novo traballo de Teo Cardalda, “Claves Líricas”, baseado na obra de Valle-Inclán.
A Deputación de Pontevedra, a través do seu departamento de Lingua e en colaboración coa Asociación Oral de Galicia, vén de impulsar un novo Certame provincial de Regueifa que conta coa participación de 41 centros de Ensino Secundario da provincia.
Coincidindo coa celebración do Día Nacional do TDAH (27 de outubro), a Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, programa unha charla para desmitificar informacións que existen sobre este trastorno que afecta entre o 5 e o 7 % dos nenos en idade escolar.
Entre os días 19 de outubro e 2 de novembro poderanse presentar as solicitudes ás subvencións en réxime de libre concorrencia do concello de Gondomar para actividades culturais, actividades de fin social e actividades deportivas do 2021, publicadas este luns no Boletín Oficial da Provincia.
A danza contemporánea e as letras de cancións de reggaeton que hoxe escoita a mocidade foron as grandes protagonistas da performance de Ruth Balbís hoxe en Gondomar. No marco dunha nova acción do programa da Deputación 'Mulleres en Acción. Violencia Zero', a artista ourensá levou á Praza da Paradela Pel continua para invitar á mocidade a reflexionar sobre o contido de violencia machista que se agocha tras as letras destas cancións e o conseguinte perigo desta violencia invisible.
O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, acompañado polos seus homónimos de Baiona e Nigrán, Carlos Gómez e Juan González,respectivamente, así como a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández Tapias, inauguraron este novo taller dando a benvida aos alumnos e alumnas que “unha vez máis cubriron rapidamente as prazas previstas demostrando o interese que suscitan estas convocatorias”.
A Deputación de Pontevedra retoma o programa “Mulleres en acción: violencia Zero”, coa interpretación das súas diferentes accións pola provincia, e este martes 19, a partir das 12.30 horas, farao en Gondomar.
A iniciativa, desenvolta coa colaboración de Cineclub Val Miñor Alice Guy, arrinca este venres coa proxección do primeiro título que recolle o programa 'Gondocultura Outono', ao que se sumará o sábado unha nova cita co teatro, coa produción de Señora Supina titulada No Golfo.
O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, presidiu o primeiro encontro de traballo no que xunto ao concelleiro de Medio Ambiente, Brais Misa, as técnicas deste departamento, Karina Pereira e Paula Rivera, así como outros representantes do goberno local, no que a empresa Inova Labs expuxo os pormenores e accións concretas a abordar para poder elaborar e redactar o futuro plan.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.