Xoves, 3 Xullo de 2025

Baiona

O alcalde de Baiona agradece o labor do persoal sanitario

"Cada 19 de maio, a totalidade de profesionais que conforman a especialidade da Medicina Familiar e Comunitaria celebran o Día Mundial da especialidade. Como alcalde do Concello de Baiona considero que é un día para reivindicar o papel vertebrador desta especialidade en calquera sistema de saúde moderno", declara o rexedor.

Sorteo en Baiona pola XXXI edición da Festa da Bicicleta

O salón de plenos do Concello de Baiona acolleu o sorteo das dúas bicicletas con motivo da celebración da XXXI edición da Festa da Bicicleta, sen dúbida, a súa edición máis especial xa que a tradicional cita deportiva do Val Miñor este ano adaptouse á época COVID.

Baiona homenaxea a Xela Arias cun concerto de ‘Jardín Desordenado’

O xardín do Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal de Baiona é o lugar elixido para, o vindeiro luns 17, desenvolver un concerto homenaxe a Xela Arias, a quen neste 2021 dedícase o Día dás Letras Galegas.

Baiona organiza un curso formativo de ‘Actividades Auxiliares de Comercio para mulleres desempregadas

A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona vén de dar conta da apertura do prazo de inscrición para a acción formativa 'Actividades Auxiliares de Comercio', un curso que con 210 horas lectivas –incluídas 40 horas de prácticas–, busca promover o achegamento práctico ao mercado laboral.

O Concello de Baiona reforza a limpeza de contedores

Nos últimos días, o Concello de Baiona, a través da Concellería de Medio Ambiente, iniciou unha acción especial de limpeza interior e exterior de contedores de residuos urbanos, así como da súa contorna máis próxima, nas estacións de contedores coas que conta o municipio.

O Monte Real Club de Iates renova, un ano máis, a Bandeira Azul

O Monte Real Club de Iates vén de renovar, un ano máis, a Bandeira Azul que distingue ao porto do club polo coidado ambiental das infraestruturas, a calidade das augas e a excelencia dos servizos náuticos.

Baiona abre o prazo de inscrición para a ‘Escola de Verán 2021’

A Concellaría de Igualdade do Concello de Baiona abre o parazo de inscrición para participar na Escola de Verán 2021, unha iniciativa dirixida a...

Dous mariscadores de Baiona doan á Casa da Navegación unha áncora lítica atopada na zona de Silleiro

A Casa da Navegación de Baiona conta nas súas instalacións cunha nova peza de alto valor histórico grazas á entrega, por parte de dúas cuidadanos baioneses, dunha áncora lítica. Trátase dunha áncora de granito que foi recuperada dos fondos mariños do municipio, –na zona da Carral en Cabo Silleiro– o pasado mes de novembro polos mariscadores José M. Durán Vicente e Iván González Rodríguez. A peza foi descuberta polo mergullador Iván González mentres faneaban ao ourizo.

O alcalde de Baiona amosa o seu rexeitamento á instalación do parque eólico previsto na Serra da Groba

O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, vén de expresar, unha vez máis, a súa postura contraria respecto a instalación dun parque eólico na Serra da Groba. O rexedor baionés quere deixar clara a súa oposición "a unha instalación que afectará ao monte de Baíña" xa que, lembra "un dos proxectos de execución está ideado no lugar coñecido como O alto da mata desta parroquia baionesa.

O Delegado do Goberno en Galicia vista as instalacións militares de Cabo Silleiro en Baiona

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, recibiu hoxe ao Delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, na que foi a primeira visita institucional ao Concello de Baiona. O encontro institucional materializouse cunha visita ás emblemáticas instalacións militares de Cabo Silleiro que están en vías de pasar a titularidade municipal.

Baiona finaliza a reconstrución dun muro de contención en Belesar

O Concello de Baiona vén de dar por rematados os traballos de mellora da accesibilidade no Camiño Lameiriño, na Granxa, parroquia de Belesar. A obra, financiada a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e con fondos propios do Concello, consistía na reconstrución dun muro de contención derrubado hai anos e que "presentaba un perigo para as familias que residen nesta zona, xa que dificultaba o acceso ás vivendas".

O Trofeo Repsol coroa aos novos reis da Primavera en Baiona

A 43ª edición da Regata de Primavera do Monte Real Club de Yates baixou o pano este domingo en Baiona coa coroación dos seus novos campións e a entrega de premios ás tripulacións que resultaron vencedoras das dúas regatas disputadas esta fin de semana nas Rías Baixas.