As persoas participantes do "Proxecto Vincúlate" do Concello de Baiona organizan unha recollida solidaria de produtos para a protectora de animais “Os Palleiros”.
O Concello de Baiona colabora coa Asociación Benéfico Social de pais e amigos a Esperanza do Val Miñor (Centro Juan María) para sufragar parte dos gastos do proxecto “Ocio para todos”.
O Concello de Baiona quere dar cabida ás opinións e achegas por parte da veciñanza con respecto á restauración e posta en valor das emblemáticas instalacións militares de Cabo Silleiro.
O Concello de Baiona a través da Concellería de Deportes deseñou unha axenda deportiva para este verán 2021 moi especial, tras un duro ano marcado pola crise sanitaria do coronavirus. Por este motivo, e dada as boas cifras, o Concello quere ofrecer á cidadanía unha axenda na que o deporte cambia de formato. Se a pandemia levouse por diante unha longa lista de eventos deportivos, Baiona 'tira' de imaxinación para atopar novas fórmulas que permitan, tanto á veciñanza como as persoas visitantes, gozar do deporte.
As obras de mellora da EP-2204 Sabarís-Belesar, no concello de Baiona, veñen de comezar nas últimas horas da man da Deputación de Pontevedra, unha esperada actuación na que a institución provincial inviste máis de 475.000 euros co fin de mellorar a seguridade viaria na totalidade desta estrada provincial.
Baiona acollerá o sábado 26 e o domingo 27 de xuño o seu primeiro Festival de Maxia baixo o título “Baiona Pinta Maxia”. O evento, organizado pola Concellería de Cultura, congregará a artistas de recoñecido prestixio dentro do ilusionismo, como Camilo Vázquez, Roberto Lolo, Meigo Rafa ou Dani Polo.
A Concellería de Cultura do Concello de Baiona abriu o prazo para inscribirse no campamento urbano que se celebrará no mes de agosto. A actividade é gratuíta e está destinada a menores de 5 a 12 anos.
O aparcadoiro municipal do Aral aumentou nun 68% a cifra de abonados no primeiros seis meses do ano 2021 debido á ordenanza que rebaixou as tarifas, ao pasar de 221 a 372 abonos mensuais.
O Concello de Baiona vén de informar que unha vez pasados os prazos administrativos de exposición pública e para a presentación de alegacións, xa está aberto o prazo de presentación de solicitudes para os sectores do comercio, hostalaría e resturación, que serán resoltas por orde de entrada no Rexistro do Concello e que se poderán presentar a partir de mañá luns en horario de 9 h a 13 horas.
O Concello de Baiona, dentro dos obxectivos da Axenda 2030, vén de adherirse á campaña ‘Unha árbore por Europa’, un xesto co que o concello baionés sela este compromiso pola sustentabilidade. O alcalde, Carlos Gómez Prado, e a concelleira de Medio Ambiente, Rosa María Domínguez Roda plantaron un árbol no parque próximo á Escola Infantil A Galiña Azul do municipio.
O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, esixe á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia a cobertura necesaria para dar servizo ao Centro de Saúde de Baiona e do PAC da Xunqueira, que dá servizo ao Val Miñor, "fronte ao importante aumento de persoas usuarias que atraerá ata estes servizos sanitarios a tempada estival".
O Concello de Baiona, coa colaboración do Baíña Fútbol Sala e as comunidades de montes, con motivo do día do medio ambiente que se celebra o vindeiro sábado, día 5 de xuño, desenvolverá unha iniciativa de plantación de árbores baixo o lema 'Sementando vida, deixando pegada'.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.