Martes, 1 Xullo de 2025

Baiona

A Xunta colabora na terceira edición da ‘Tripla Coroa Illas Atlánticas’

A Xunta volverá colaborar un ano máis na competición deportiva internacional Tripla Coroa Illas Atlánticas, que este ano chega á súa terceira edición e se estenderá ata 2024.

A Deputación reparte 8.000 euros de axudas para catro proxectos de dinamización do galego no Val Miñor

Un total de 62 entidades sen ánimo de lucro veñen de ver aprobadas as axudas do departamento de Lingua da Deputación de Pontevedra, , que neste ano ascenden a 120.000 euros, para realizar actividades de dinamización do galego na provincia de Pontevedra.

Baiona ofrece dúas alternativas de lecer ambiental este verán

Leira Moreiras organiza os roteiros guiados “Safari Etológico de Garranos”. Un safari sostible descubrirá este animal salvaxe e prehistórico campando ás súas anchas no privilexiado lugar do Alto de Groba.

Baiverán 2022, o Concello reafirma a súa aposta pola cultura cun programa “amplo e para todos os públicos”

O Concello de Baiona presentou, na mañá de hoxe o programa do Baiverán 2022 que foi definido polo alcalde Carlos Gómez "como a reafirmación deste Goberno local pola cultura que ten que ser un piar básico da sociedade". O programa, explicado polo miúdo pola concelleira de Cultura, Miriam Costas Iriarte, abrangue dende interesantes e atractivos concertos "para todos os gustos e para todas as idades" ata as sesións de Cine na Rúa pasando por monólgos, exposicións, festivais, roteiros ou teatro e cun programa específico para as Festas da Virxe da Anunciada, patroa do municipio.

O Monte Real Club de Iates de Baiona recibe a bandeira de Galicia Calidade

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia,ea xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, asistiron en Baiona ao izado da bandeira de Galicia Calidade no Monte Real Club de Iates de Baiona, situado neste municipio do sur de Pontevedra e enclave fundamental do turismo náutico galego.

A renovación museológica da Carabela Pinta, marca un salto de calidade importante na experiencia a bordo do público visitante

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, describiu ao renovado Museo Flotante da Carabela Pinta como “unha visita obrigada” para todos aqueles “que queiran gozar e pasar un bo intre” á vez que coñecen a historia “ Universal”. O alcalde, acompañado pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, foi o anfitrión a bordo do acto de inauguración que sexa celebrou na tarde de onte.

A rúa Cuba será de sentido único e a zona de “Os Tendais” gaña prazas de aparcamento

O Concello de Baiona informa de que a rúa Cuba situada e a zona dos Tendales converterase en dirección única e que os aparcamentos en liña pasarán a ser en diagonal, polo que con estes cambios gañaranse prazas de aparcamento nesta zona.

Voltan as visitas guiadas de verán e “Xoves no camiño” a Baiona

O Concello de Baiona aposta por diferentes iniciativas coas que dar a coñecer a riqueza patrimonial e cultural do municipio con diferentes programas de visitas gratuítas coas que reactivar o sector turístico tras a Covid-19.

Os alcaldes do Val Miñor denuncian a falta de persoal médico na comarca

Os tres alcaldes do Val Miñor reuníronse esta mañá con persoal médico e de enfermaría do Centro de Saúde do Val Miñor para apoiar aos profesionais na súa demanda de máis sanitarios durante a tempada estival.

La Pinta regresa a Baiona completamente renovada

Sobre as 16:00 horas, La Pinta entrou de novo na baía de Baiona, tras un período de reparacións na os estaleiros “Montenegro” de Vigo.

Asociación Folclórica Vila de Baiona celebra este sábadoo seu 6º “Festival Vila de Baiona”

Este sábado 22 de xuño ás 21:00 horas a praza do Concello acole ou 6º “Festival Vila de Baiona” organizado pola Asociación Folclórica Vila de Baiona.

O Equipo de Competición de Galicia en Danza de Baiona participará na final do mundial de Dáncea “World Cup”

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, e a concelleira de Deportes, Miriam Costas Iriarte, acudiron esta mañá para despedir ao equipo de competición da Escola “Galicia en Danza” de Baiona que participarán na gran final mundial “Dance World Cup” en San Sebastián do 24 de xuño ao 2 de xullo.