Martes, 16 Setembro de 2025

Baiona

Velada de boxeo amateur mañá en Baiona

O Club Deportivo Sagabox, en colaboración coa Concellería de Deportes do Concello de Baiona, organiza unha velada de boxeo amateur no pavillón municipal de Baiona mañá sábado, 29 de abril, ás 21:00 horas.

Sabarís énchese de arte ata mediados de maio

Desde este sábado, 29 de abril, e ata ao 14 de maio, durante quince días, Sabarís transfórmase nunha gran galería de arte. Máis de 500 obras de 50 artistas encherán de cor e maestría as rúas desta singular zona baionesa.

Baiona abrirá mañá o prazo de inscrición na Escola de Verán

A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona abre mañá, 28 de abril, o prazo para solicitar praza para participar na Escola de Verán 2023.

O Concello de Baiona entrega a José Antonio Infante García unha versión dixital do diario cedido á Casa da Navegación

Esta mañá, na Casa da Navegación, a Concelleira de Cultura do Concello de Baiona Miriam Costas Iriarte fixo entrega dunha copia dixital do diario de Ramón Barreiro, cedido en depósito á Casa por José Antonio Infante García, sobriño neto do autor do diario.

Baiona rinde homenaxe a José Gil, pioneiro do cinema Galego

Baiona acoelle os días 28 e 29 de abril, este sábado e domingo, a xira ”JOSÉ GIL. PONTEVEDRA, PROVINCIA DE CINE, NA ORIXE DO CINEMA”.

Baiona acondicionará Monte Boi

O Concello de Baiona acadou unha nova partida de fondos Next Generation da UE, neste caso de case 60.000 euros para dous proxectos destinados a unha actuación no paseo de Monte Boi e a poñer en marcha unha nova guía dos seus recursos turísticos.

A segunda edición do Ciclo Mestre Mateo regresa a Baiona e A Guarda

O Ciclo Mestre Mateo regresa á provincia de Pontevedra e levará as proxeccións das longametraxes de ficción e documentais finalistas dos premios do noso audiovisual aos concellos de Baiona, A Estrada, O Grove, Caldas e A Guarda, que pasan a formar parte da rede de salas.

Baiona concede Símbolos e Distincións Honoríficas

A Comisión de Honores e Distincións do Concello de Baiona aprobou hoxe a concesión de diferentes Símbolos e Distinciones Honoríficas, que se aprobarán definitivamente no próximo pleno municipal.

Baiona informa da apertura do prazo de inscrición dos campamentos da Xunta

O Concello de Baiona informa, a través do Departamento de Xuventude do Concello, de que xa está aberto o prazo de presentación de solicitudes dos Campamentos de Verán 2023, destinados a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 9 e os 17 anos.

Montserrat Villar González presentará o seu libro na Casa da Navegación

O vindeiro venres 21 ás 20:00 horas, no auditorio da Casa da Navegación de Baiona, Montserrat Villar González presentará o seu libro en edición bilingüe Os abrazos do Mar, unha mirada poética da relación co mar.

Baiona obtivo bos datos de turismo en Semana Santa

Baiona pechou o ano 2022 cuns datos históricos de ocupación turística e o 2023 será mellor, tendo en conta os datos de Semana Santa, a Arribada e as previsións para a tempada alta.

Fin de semana de bádminton en Baiona

Durante esta fin de semana tivo lugar, no Pavillón Municipal de Baiona, a última xornada da Liga Nacional Bronce na que o Club Escola Rosalía Peixes Vimar finalizou na sexta praza tras caer por 2 apretados 4-3 ante IES La Orden, campión da competición, e os malagueños do Larios Rental Jorge Guillén.