Mércores, 2 Xullo de 2025

Redondela

O antigo Salón de Plenos do Concello de Redondela recuperará o pasado esplendor e aspecto orixinal para ser utilizado como espazo multifunción

Alumnado do Obradoiro para persoas mozas 'Redondela TIC' da especialidades de 'Carpintaría e Vernizado', traballan na recuperación do antigo Salón de Plenos da Casa Consistorial de cara a que este espazo recupere o seu aspecto orixinal e poida ser utilizado como un salón multifuncional do que carece a Casa do Concello redondelá.

Redondela contratará persoas desempregadas para os traballos de roza do municipio grazas a unha achega do Plan Concellos

Un total de 11 persoas da especialidade de peón forestal, serán as que contrate directamente o Concello de Redondela para que desenvolvan as labores de roza nas estradas e camiños de titularidade municipal, traballo que ata o de agora era encargado a unha empresa. Será por tanto a primeira vez que o Concello se faga cargo directamente desta contratación para un traballo “que será desenvolvido por persoas desempregadas do municipio e dentro da filosofía do Goberno local de contribuír, dentro das súas competencias, á xeración de emprego”.

A Concellería de Ensino de Redondela mellora as instalacións do EEI Cesantes

A concellería de Ensino do Concello de Redondela que xestiona Olga García Ballesteros, desenvolve nestas datas diferentes traballos de mellora no EEI Cesantes, obras longamente demandadas pola comunidade escolar e que abranguen tanto a aspectos estruturais do edificio como a dotacións para uso dos nenos e nenas.

A Deputación adxudica as obras de ensanche e mellora da seguridade viaria da estrada Os Valos-Guizán en Redondela

Trala adxudicación da obra na Xunta de Goberno, a Deputación de Pontevedra iniciará en breve as obras de ensanche e mellora da seguridade viaria na EP-2906 Os Valos-Guizán en Redondela, unha ambiciosa actuación que suporá a transformación integral desta estrada, na que se reordena a circulación peonil, ciclista e rodada baixo o modelo de mobilidade segura e centrado nas persoas da Deputación. Nestes traballos a institución provincial investirá un orzamento de máis de 320.000 euros e se prevé que estean rematados nun prazo de 5 meses.

O Concello de Redondela lembra ao PP que solicitou as axudas para contratar a mulleres vítimas de violencia de xénero “en tempo e forma”

A Concellería de Servizos Sociais que dirixe a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, remitiu “en tempo e forma” toda a documentación precisa para acollerse ao programa da Xunta de Galicia que permite a contratación de mulleres vítimas de violencia machista. O Goberno local lembra que “a loita pola igualdade e a eliminación da lacra que supón a violencia machista” é unha das súas prioridades de Goberno e, nesa liña, acollerase a todas as medidas, como é este tipo de subvencións, que permiten que as mulleres obxecto de violencia machista “poidan recompoñer as súas vidas dende a independencia económica que lles proporciona un traballo digno”.

A Concellería de Vías e Obras de Redondela repara os danos causados polos temporais nas parroquias do municipio

A concellería de Vías e Obras do Concello de Redondela que xestiona Vicente Lamas, traballa arreo nestes días na reparación de diversos danos ocasionados polos últimos temporais nas diferentes parroquias de Redondela. As actuacións centráronse na reparación de estradas e camiños de competencia municipal que, durante estas semanas, rexistraron diversos danos a consecuencia das abundantes choivas e que precisaban de actuacións urxentes de cara a garantir a súa seguridade, tanto para peóns como para vehículos.

O choco de Redondela, marca de calidade

A Confraría de Pescadores de Redondela abre a campaña do seu produto estrela baixo a marca de calidade “Choco de Redondela”. Son varias as medidas que tomará a Confraría para asegurar a trazabilidade do seu produto, un novo sistema integral de valoración que asegurará unha marca de orixe, calidade e sostibilidade.

Redondela suspende a feira do día 6 de febreiro ao atoparse en nivel de máxima restrición e cun elevado número de casos activos por...

O Concello de Redondela anunciou onte a suspensión da feira que tería que desenvolverse o día 6 de febreiro ante o “preocupante número de tcasos activos por coronavirus e ao atoparse o municipio en situación de restrición máxima”.

O Concello de Redondela acusa á Xunta de inacción ante os reiterados incumprimentos de Aucosa para poñer fin aos malos cheiros

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villas anunciaron hoxe a remisión á Xunta de Galicia dun oficio no que se detallan polo miúdo, os reiterados incumprimentos de Aucosa á hora de acometer obras que rematen cos malos cheiros que afectan “gravemente á calidade de vida dos veciños e veciñas”.

Arde por completo unha vivenda deshabitada en Redondela

Un incendio consumiu por completo unha vivenda desocupada no concello pontevedrés de Redondela. Arredor das nove da noite de onte, o 112 Galicia foi alertado por un particular, dende a Rúa da Plata, sobre unha casa abandonada da que se podía ver saír fume.

Caballero lembra a Feijóo que pode “contribuír” á rebaixa das peaxes da AP-9 porque foi o PP “quen prorrogou a concesión ata o 2048”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou onte Redondela para manter unha xuntanza coa alcaldesa, Digna Rivas, na que ambos analizaron a supresión da peaxe da AP-9 entre Vigo e a súa vila prevista nos Orzamentos Xerais do Estado e as demais bonificacións. De feito, Gonzalo Caballero resaltou que a rebaixa das peaxes da AP-9 que inclúen as contas do goberno de España é “histórica”, polo que lamentou que o PP e o BNG votaran en contra no Congreso dos Deputados destas bonificacións “retratando a súa inconsistencia e o seu cinismo”.

Redondela habilita un teléfono de atención ás persoas maiores e dependentes para facilitar o autoconfinamento e evitar contaxios

O Goberno local de Redondela vén de anunciar a posta en marcha dun servizo de atención telefónica as persoas maiores e/ou dependentes que vivan soas e permitir o seu autoconfinamento evitándolles desprazamentos innecesarios á hora de realizar as compras de produtos de primeira necesidade como alimentos ou medicamentos.