Martes, 1 Xullo de 2025

Redondela

Redondela celebrou esta mañá as ‘Xornadas de Muller e Igualdade «Gemma Pereira Otero»

Durante toda a mañá de hoxe celebráronse, en Redondela, as I Xornadas de Muller e Igualdade «Gemma Pereira Otero», unha iniciativa desenvolvida en formato online e que nace co obxectivo de ser un foro de debate aberto sobre todos aqueles temas que permitan poñer en valor o papel da muller na sociedade e a súa loita por acadar unha igualdade real como único camiño para conseguir unha sociedade máis xusta.

Redondela instala catro colectores de tapóns que xestionarán as asociacións Lenda e Andaina como axuda ao financiamento das súas actividades

Redondela conta xa con catro colectores específicos para a recollida de tapóns de plástico, contedores claramente diferenciados de calquera outro pola súa forma de corazón e que serán xestionados polas asociacións Lenda e Andaina de cara a conseguir fondos que contribúan ao mantemento das súas actividades.

Redondela reafirma o 8M o seu compromiso irrenunciable “coas mulleres, a defensa dos seus dereitos e as políticas de igualdade”

“Son aínda moitos os obxectivos por alcanzar, os obstáculos a superar e os desafíos que temos por diante e por iso, hoxe 8 de marzo, reivindicamos a necesidade de unir forzas e apelamos á gran alianza de todas as mulleres progresistas e do movemento feminista deste país”, afirmou a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, no acto institucional do 8M celebrado esta mañá na Praza do Concello de Redondela.

Extinguido na súa totalidade o incendio que afectou a un local de hostalaría en Redondela

Pasados uns minutos das 21:00 horas da pasada noite os Bombeiros de Baixo Miño daban por finalizado o seu traballo. Segundo indicaron, tratouse dunha edificación de dúas plantas e un baixo que alberga un local de hostalaría, na rúa Santa Mariña, en Redondela.

Un incendio deixa danos materiais nun local de hostalaría en Redondela

Un incendio declarado nun establecemento hostaleiro no concello pontevedrés de Redondela provocou danos materiais no seu interior, sen que ningunha persoa resultase ferida. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, aínda que os equipos de extinción seguiron traballando no punto, o incendio controlouse rápidamente.

Digna Rivas, “homenaxeamos ás mulleres que foron quen de conquistar o dereito a ser elas sen necesidade de pedir o permiso deles”

“A exposición 'Conquistadoras' quere amosar nas rúas de Redondela a historia do esforzo de moitas mulleres que, dende o seus ámbitos de vida persoais e profesionais, foron quen de 'conquistar' o dereito a ser elas sen necesidade de pedir o permiso deles”, afirmou a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, na apertura oficial da exposición que quedará instalada durante todo o mes de marzo na Alameda Castelao.

Alcaldesa de Redondela e novo presidente da Autoridade Portuaria de Vigo manteñen a primeira reunión oficial dende o relevo de titular no Porto

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuíña, mantiveron hoxe unha reunión na Casa do Concello de Redondela, a primeira dende que Vázquez Almuíña tomou posesión como presidente do Porto vigués e que serviu para poñer sobre a mesa, a dar a coñecer ao novo presidente portuario, todos aqueles temas pendentes entre ámbalas dúas administracións e que son considerados pola rexedora local como “irrenunciables para Redondela”.

Redondela inaugura o sábado 6 a exposición «Conquistadoras»

O Concello de Redondela inaugurará, este vindeiro sábado 6 de marzo, ás 12 horas fronte á Casa do Concello, a exposición 'Conquistadoras' unha mostra que busca poñer en valor, a través de nomes e caras de mulleres galegas, o esforzo que fixeron por abrir camiños antes pechados á muller e a súa loita por acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria.

Digna Rivas chama á prudencia e a “non baixar a garda” ante o descenso dos casos de COVID no municipio

A baixada continuada de casos activos por coronavirus no municipio de Redondela, que posibilitou que onte o Comité Clínico da Xunta baixara ao municipio ao Nivel 3, foron acollidos con satisfacción polo Goberno local.

Redondela organiza as ‘Xornadas de Muller e Igualdade «Gemma Pereira Otero»

O martes 9 de marzo, Redondela acollerá as I Xornadas de Muller e Igualdade «Gemma Pereira Otero», unha iniciativa que nace co obxectivo de ser un foro de debate aberto sobre todos aqueles temas que permitan poñer en valor o papel da muller na sociedade e a súa loita por acadar unha igualdade real como único camiño para conseguir unha sociedade máis xusta.

Unha veciña de Redondela busca desesperada, dende xaneiro, ao seu can ‘Faruq’ e ofrece 600 euros a quen llo poida devolver

Dende o 18 de xaneiro, unha veciña Cesantes busca sen descanso ao seu can Faruq, unha busqueda que, logo de preto de dous meses, segue sen dar resultado. A súa propietaria asegura que o can foi roubado e asegura que á semana da súa desaparición " recibín unha chamada anónima onde me dicían que o can estaba ben, pero que deixara de buscalo, que dende o primeiro día o tiña unha persoa, o levara para a súa casa e non tiña intención de devolvelo".

Redondela celebrará o mercado do sábado 6 de marzo ao descender significativamente os casos activos por coronavirus no municipio

Logo de dous meses de suspensión, o sábado 6 de marzo, o mercado de Redondela volverá a retomar a súa actividade logo que, a diminución de casos activos por coronavirus, permitira que o municipio pasase do nivel 3 (máximo en canto a restricións) ao nivel 2 e, de seguir esa tendencia, o vindeiro venres podería baixar ao nivel 1 que eliminaría calquera restrición de mobilidade intermunicipal.