A concellería de Cultura de Redondela vén de organizar unha exposición do arquitecto vigués e artista, José Romero-Amich, que permanecerá na sala 1 do Multiusos da Xunqueira durante todo o mes de xullo. A mostra, que leva por título “Serie Hollywood 2021” percorre, a través de 18 lienzos, de 80 x 90 cm., a historia do cine norteamericano do século XX, abarcando filmes icónicos desde 1921 ata 2014.
Espectacular xornada inaugural do KiteFest Cesantes Trofeo Xacobeo, proba organizada polo TMKiteClub e o Concello de Redondela. A enseada de San Simón, os riders e o público non defraudaron, proporcionando bo ambiente e deportividade mantendo as medidas de prevención do Covid-19 que marcan as autoridades sanitarias.
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar un novo investimento de 1,7 millón de euros ao abeiro da Liña 1 do Plan Concellos 2021, que beneficiarán a oito concellos da provincia. Trátase de nove achegas para os municipios de Redondela e Salceda na comarca de Vigo; A Lama e Poio na de Pontevedra; A Guarda e Tui no Baixo Miño; Cangas na comarca do Morrazo e Arbo na da Paradanta, coas que poderán financiar obras de humanización, reurbanizacións, pavimentados ou mobilidade segura.
A Concellería de Feiras e Mercados, que dirixe Vicente Lamas, iniciará esta vindeira semana as obras de instalación dun ascensor que permitirá que este edificio municipal cumpra coa normativa de accesibilidade en edificios públicos.
Xela Arias e as palabras é o título do proxecto didáctico co que o redondelán CEIP Plurilingüe Porto Cabeiro resultou gañador, dentro da categoría de centros de Primaria, no Concurso-Exposición arredor da autora homenaxeada polas Letras Galegas 2021, que organizaba a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
O concelleiro de Medio Ambiente de Redondela, Roberto Villar, vén de presentar unha denuncia ante o Consello de Contas de Galicia para solicitarlle a comprobación de posibles anomalías na xestión de fondos públicos destinados a obras de saneamento realizadas polo anterior equipo de goberno de Redondela.
A Alameda Castelao de Redondela acolle, este venres 9 de xullo, a proxección da película de Alejandro Amenábar, Mientras dure la guerra, pertencente ao ciclo ‘O Cinema da Memoria’
O Concello de Redondela, a través ca Concellería de Transición Enerxética que xestiona Nacho González, ven de instalar senllas caldeiras de biomasa no Multiúsos de Chapela e no Conservatorio Municipal de Música de Redondela.
O paseo marítimo de Cesantes acolleu, onte mércores 7 de xullo, a presentación oficial aos medios de comunicación da cuarta edición do KiteFest, que este ano pon en xogo o Trofeo Xacobeo para preto dun centenar de deportistas e que volverá ofrecer todo un espectáculo na enseada de San Simón durante as dúas xornadas que durará o evento.
Durante os meses de xullo e agosto, veciñas e veciños terán a oportunidade practicar o taichi e gozar dos beneficios desta práctica milenaria que está demostrado que ofrece relaxación, reduce o estres e a ansiedade á vez que mellora a flexibilidade do corpo e o equilibrio da mente.
A Concellería de Medio Ambiente de Redondela aposta este verán, por segundo ano consecutivo, por un sistema de recollida de algas dos seus areais respectuoso coa contorna e que permitiu rexenerar en só un ano unha zona de duna de nove metros cadrados na praia de Cesantes. O método que se levará a cabo este ano concorda cos estudos realizados polo equipo de Ciencias do Mar liderado polo catedrático de Ecoloxía, Emilio Fernández Suárez.
A concelleira de Interior, Marta Alonso, formalizou ONTE a renuncia a súa acta de concelleira do grupo de Goberno, a través dun escrito presentado no Rexistro Xeral da Casa do Concello de Redondela.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.