O Concello de Redondela vén de anunciar a apertura do prazo de inscrición para participar na tradicional Feira de Artesanía do Nadal, que se desenvolverá na contorna da Alameda Castelao (rúa Ribeira) os días 17, 18 e 19 de decembro.
O Concello de Redondela, a través da Concellería de Deportes que xestiona Nacho González e a Sala Viguesa de Escrima Antigua (SVEA), presentaron na mañá de onte na Casa do Concello o que será o IV Torneo de Esgrima Histórica 'Vila de Redondela'.
O Concello de Redondela vén de poñer a disposición da veciñanza un equipo de asistencia técnica para que, as persoas que así o desexen, poidan presentar alegacións particulares ao proxecto de Pantallas Acústicas de Chapela.
As máis de 9.000 persoas que pasaron en Pontevedra polo Culturgal 2021, supuñan unha oportunidade única para amosar a capacidade cultural dun concello e Redondela, non desaproveitou a ocasión.
Comité de Empresa e Xunta de Persoal do Concello de Redondela pecharon, a pasada semana, un acordo co Goberno local que foi cualificado polas forzas sindicais de "histórico". Logo de varios meses de negociacións "con fortes tirapuxas", sinalan, chegouse a un acordo "moi satisfactorio e positivo" para o cadro de persoal.
A xornalista Patricia Costa (Redondela, 1981), especialista en xénero e medios de comunicación, vén de ser galardoada co 'I Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético no tratamento da Violencia Machista'.
“A loita pola igualdade e a erradicación da violencia machista ten que comezar polo ensino e inculcar eses valores entre a poboación máis moza”, sinalou a alcaldesa Digna Rivas que onte asistiu no IES Illa de San Simón a unha das charlas que, baixo o lema 'Non deixes que te enREDen'.
A Biblioteca Municipal 'Valle-Inclán' de Redondela únese á conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller cunha actividade infantil ao redor do álbum ilustrado 'Peúgo, o calcetín melenudo', que terá lugar o vindeiro 25 de novembro, ás 18:30 horas.
A charla coloquio #TIÉSCAPAZ, organizada pola Concellería de Igualdade que xestiona Iria Vilaboa e que tivo lugar na tarde do martes, 23 de novembro no Multiúsos da Xunqueira ás 18:00 h, abriu o programa de actividades que o Concello redondelán desenvolverá con motivo do 25N Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
O Concello de Redondela vén de abrir a inscrición para participar no terceiro roteiro guiado para coñecer o patrimonio cultural e paisaxístico do municipio e que se desenvolven os últimos domingos de cada mes. Esta nova ruta terá lugar na noite do 27-28 de novembro en que se fará unha ruta nocturna polos petroglifos de Penide/Mirallo (Chan da Cruz e Coto do Corno) na parroquia de Ventosela.
Na reunión celebrada o pasado 16 de novembro, o Consello Forestal de Redondela, do que é membro o Concello redondelán, aprobou unha declaración a prol da lingua galega, iniciativa presentada polo Departamento de Normalización Lingüística.
O Bloque Nacionalista Galego denuncia a continua opacidade que rodea os proxectos de parques eólicos que a Xunta planea sobre terreos dos concellos de Redondela e Pazos de Borbén. A forza nacionalista realizou un encontro informativo este domingo na parroquia de Reboreda para trasladar á veciñanza o risco de que se instalen muíños na contorna que poden alcanzar o dobre de altura dos construídos ata o momento.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.