Axentes da Policía Local de Redondela e da Policía Nacional procederon, na tarde de onte, á detención dun varón, veciño de Pazos de Borbén, logo dunha perigosa persecución polo centro da vila.
O Concello de Redondela pon en marcha a nova web de turismo, concibida como unha ferramenta de utilidade para as persoas visitantes ou para a propia veciñanza pero, sobre todo “como elemento dinamizador para sectores locais da hospedaxe e a hostalaría”.
O Concello de Redondela contratará a catro persoas no marco do programa Primeira experiencia profesional da Deputación de Pontevedra, un proxecto que busca que os mozos que veñen de rematar os seus estudos nas súas respectivas áreas, poidan tomar contacto co mundo laboral e poñer en práctica os coñecementos teóricos adquiridos.
A Xunta de Galicia reforza o seu compromiso cos centros educativos de Redondela a través de dúas novas actuacións no instituto IES Mendiño e no colexio CEIP Outeiro das Penas.
O Pavillón Polideportivo Municipal 'As Marismas', coñecido popularmente como La Bombonera, está a ser obxecto de obras de mellora que renovarán, por completo, a única pista que alberga a instalación e que ten un claro estado de desgaste que dificulta a práctica deportiva.
A Policía Local do concello de Redondela detivo a unha parella da Coruña por un delito de lesións. Os feitos remóntanse á madrugada do pasado sábado, onde durante o Festival Millo Verde (ubicado na praia de Cesantes), recibíronse varias chamadas á policía.
A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, puxo en valor ante escolares do CEIP de Laredo de Redondela, algúns dos principios que fan da Economía Social unha fórmula de negocio con proxección.
A Illa de San Simón acollerá en xullo a undécima edición do San Simón Fiddle, o curso de verán infantil e xuvenil, de intercambio de músicas tradicional de Galicia coa de outros lugares do mundo.
O Concello de Redondela, a través das Concellerías de Novas Tecnoloxías e Persoas Maiores, xestionadas por Olga García Ballesteros e Iria Vilaboa, respectivamente, desenvolverá unha serie de obradoiros coa intención de que as persoas maiores melloren os seus coñecementos sobre as novas tecnoloxías e poidan normalizar a súa utilización para o desenvolvemento de tarefas cotiás.
O venres 10 de xuño, ás 19:00 h, a Biblioteca Pública Municipal Xela Arias de Chapela, organiza un contacontos no parque do Piñeiral dirixido a público de todas as idades aínda que se recomenda que os cativos vaian acompañados polas súas familias.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, considera inaceptable que a Xunta “ignore por completo” as necesidades dos colexios públicos do municipio cando, ao mesmo tempo, “inviste en concellos afíns que contan coa metade de centros escolares”.
O Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy presentou o pasado sábado na illa de San Simón o documental 'Ostras. O Peche do mar'. O acto contou con 300 persoas que encheron o auditorio e, entra elas, algunhas das protagonistas deste capítulo da historia de Redondela acontecido na praia de Cesantes entre finais de 1955 e inicio de 1956.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.