Venres, 4 Xullo de 2025

Redondela

Redondela pon en marcha o Tren Turístico para coñecer os lugares máis interesantes da contorna

O Concello de Redondela, coa finalidade de potenciar as actividades turísticas coas que conta, poñerá en marcha, o vindeiro venres, o servizo de Tren Turístico.

Noite con incidencias para a Policía Local de Redondela

Axentes da Policía Local de Redondela procederon, na madrugada do martes, a investigar a un condutor logo de recibir varias chamadas de aviso sobre a condución errática do vehículo en dirección O Porriño - Redondela.

O 13 de xullo abrirase o prazo de inscrición para as Actividades Náuticas do programa «Redondela Xoven. Verán 2022»

Entre os días 13 e 19 de xullo estará aberto o prazo de inscrición para que as mozas e mozos interesados poidan participar en calquera das catro quendas das Actividades Náuticas que se desenvolverán ao abeiro do programa «Redondela Xoven. Verán 2022».

Rutas para coñecer a actividade pesqueira e marisqueira da enseada de San Simón

A Concellería de Turismo do Concello de Redondela, que xestiona María Castro, poñerá en marcha un programa de rutas guiadas de cara a poñer en valor a estreita vinculación de Redondela coa actividade mariñeira e marisqueira “un dos elementos máis importantes da dinamización económica do municipio”, asegura a alcaldesa Digna Rivas.

A mocidade de Redondela desfrutará dun amplo abano de actividades neste verán dentro do programa «Redondela Xoven»

“Ata a chegada do Goberno socialista ao Concello de Redondela, os mozos e mozas con idades comprendidas entre os 13 e 18 anos, foron os grandes esquecidos”, afirmou a alcaldesa Digna Rivas na presentación das primeiras actividades do Verán 2022.

“La Bombonera” luce un inmellorable aspecto logo das obras de remodelación da pista

O Pavillón Polideportivo Municipal 'As Marismas', coñecido popularmente como La Bombonera, luce xa un aspecto inmellorable logo das obras de remodelación.

Un ferido nunha colisión na N-550 ao seu paso por Cesantes

Axentes da Policía Local de Redondela interviron, pasadas as 06:00 horas da madrugada, nun accidente na N-500, en Cesantes (á altura da illa de San Simón), nunha zona na que se producen numerosos accidentes.

O Concello anima á veciñanza a participar das clases de tai chi que se imparten en Chapela e Redondela

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, animou hoxe á veciñanza a participar nos cursos gratuítos de tai chi que, durante os meses de xullo e agosto, se desenvolverán na Alameda Castelao de Redondela e no Multiúsos do Piñeiral do Crego.

I Trofeo Concello de Redondela de ciclismo en estrada Élite e Sub23

O vindeiro 9 de xullo, dende as 16 horas, Redondela converterase no punto de atención do ciclismo nacional nas categorías Élite e sub23, coa celebración do I Trofeo Concello de Redondela organizado pola Concellería de Deportes que dirixe Nacho González e polo Retelec Team Cycling Galicia. Neste trofeo daranse cita máis de 100 deportistas pertencentes aos 10 equipos galegos de ciclismo aos que se engaden os xa confirmados Bicicletas Carlos de León e Ciudad de Oviedo e dous equipos máis, de León e Portugal, pendentes de inscrición.

A Policía Local de Redondela volve actuar de maneira exemplar

Axentes da Policía Local de Redondela procederon, na mañá de onte, á detención dun varón con domicilio no Porriño o cal, logo de varias intervencións durante a mañá con esa persoa, nun dos rexistros corporais realizados, localizaronselle 3.000 euros, dos cales non manifestaba a súa procedencia.

O consenso acadado con AER e BNG permite ao Goberno socialista de Redondela aprobar “uns orzamentos históricos”

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, valorou o acordo acadado polo Goberno socialista que preside con AER e BNG que permitiu a aprobación dos Orzamentos 2022 “nun contexto no que o benestar da veciñanza e o desenvolvemento do municipio antepuxéronse a criterios partidistas”. Rivas non dubidou en cualificar de “históricos” os Orzamentos aprobados no Pleno, “tanto polo seu importe, superior aos 20,1 millóns de euros, coma polo feito de que permiten reforzar todas as áreas de protección social cun notable incremento en todas as súas partidas”.

‘San Simón, a Illa’, unha ruta en kaiak para coñecer a enseada dende unha perspectiva diferente

A Concellería de Turismo do Concello de Redondela, que xestiona María Castro, vén de poñer en coñecemento de todos os interesados e interesadas que aínda quedan prazas baleiras para 'San Simón, a Illa' que propón unha visita a este emblemático lugar e á enseada na que se enclava, dende unha perspectiva diferente como é a dunha ruta en kaiak.