O Pleno da Corporación Municipal de Redondela deu onte luz verde ao investimento de 741.758,89 euros do Remanente de Crédito para a realización de obras en viais públicos, instalacións deportivas, medio ambiente e saneamento, “obras todas elas de extraordinario interese para a veciñanza e que permitirán a mellora de infraestruturas cos conseguintes beneficios que iso ten para a calidade de vida das veciñas o veciños”, puntualiza a alcaldesa Digna Rivas.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e o deputado provincial Santos Héctor Rodríguez visitaron na mañá de hoxe, na Praza do Concello, a carpa informativa sobre a adopción de cans, nunha iniciativa conxunta do CAAN, servizo dependente da administración provincial, e a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela que xestiona Alberto Álvarez.
Fomentar e dar a coñecer o proceso de adopción de cans e concienciar á sociedade para erradicar o abandono de mascotas, é o obxectivo que busca a xornada que desenvolverán conxuntamente o vindeiro 28 de xullo, o Concello de Redondela, a través da Concellería de Medio Ambiente que xestiona Alberto Álvarez e o CAAN.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, asistiu na mañá de hoxe, no Multiúsos da Xunqueira, ao inicio dos cursos de uso das novas tecnoloxías, unha iniciativa conxunta das concellerías de Novas Tecnoloxías e Persoas Maiores, xestionadas por Olga García Ballesteros e Iria Vilaboa, respectivamente, e que conta coa colaboración da ONG Amigos de Galicia.
A organización nacionalista celebrou a súa Asemblea Local na tarde do pasado mércores, coa finalidade de elixir á persoa que ocuparía o primeiro lugar na candidatura ás eleccións municipais do vindeiro ano. A proposta de que o actual voceiro municipal Xoán Carlos González Campo ocupe o primeiro lugar da lista nacionalista, contou co apoio unánime da asemblea.
O antigo apeadeiro de Chapela, punto final da recen estreada Vía Verde, sendeiro que vén de converterse nun dos lugares de ocio e esparexemento de Chapela por excelencia, cambiará a súa fisonomía ao ver transformadas os muros dos dous edificios existentes en mostras de arte mural.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, acompañada da concelleira de Cultura, Iria Vilaboa, presentou na mañá de hoxe a vixésimo terceira edición do Festival de Artistas de Rúa, un evento “que segue a colocar a Redondela no eixo da cultura a nivel nacional” e que converterá ao casco urbano redondelán “nun escenario vivo e dinámico no que dar renda solta á imaxinación e á ledicia de mans de agrupacións e profesionais de recoñecido prestixio”, asegurou a rexedora local.
Redondela acolle a partir do vindeiro mércores, 27 de xullo, a cadraxésimo quinta edición do Mundialito da Xunqueira de fútbol sala organizado pola Concellería de Deportes que dirixe Nacho González e o Redondela Fútbol Sala e que conta coa colaboración do Grupo Casa Paco.
A Concellería de Novas Tecnoloxías do Concello de Redondela, que xestiona Olga García Ballesteros, desenvolverá durante o mes de agosto, a través das Aulas CeMIT de Redondela e Chapela, cursos totalmente gratuítos dirixidos á infancia e mocidade con idades comprendidas entre os 6 e 14 anos.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, asegurou que o Goberno local mantén unha “continua labor de fiscalización” sobre a empresa concesionaria do Servizo de Axuda no Fogar para comprobar que “en todo momento cumpra coas condicións establecidas no prego de condicións polo que se rexeu a contratación do servizo”.
O Servizo de Normalización Lingüística de Redondela, dependente da Concellería que xestiona a alcaldesa Digna Rivas, vén de conseguir unha axuda da Deputación de Pontevedra para continuar co proxecto de toponimia que viña desenvolvendo.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.