Martes, 16 Setembro de 2025

Redondela

As pistas de xeo e karts chegan a Redondela coa inauguración do parque de atraccións de Nadal

O Concello de Redondela inaugura o parque de atraccións de Nadal o sábado 17 de decembro, unha instalación de xogos que inclúe módulos de Eco Roller Coast, unha montaña rusa movida por pedais de 14 metros de percorrido; Rampa Tubbing, 6 inchables de distintos tamaños e unha pista Bumper Car, así como moitas máis sorpresas.

Redondela lanza unha campaña para dinamizar os mercados de abastos e o comercio local

O Concello de Redondela presenta unha campaña de dinamización dos mercados de abastos do municipio que, ao mesmo tempo, pon en valor a importancia do comercio de proximidade “como un dos eixos básicos da economía local”, sinalou a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas.

Éxito absoluto do obradoiro de centros de mesa de Nadal de Redondela

O Concello de Redondela enche as prazas dos obradoiros de centros de mesa de Nadal promovidos pola Concellería de Cultura en colaboración coa de Medio Ambiente.

Mercar en Nadal en Redondela ten premio

O comercio local de Redondela presenta a súa campaña de Nadal. Unha campaña que vén marcada por unha decoración temática baseada no conto dos Crebanoces que traerá sorpresas durante o Nadal.

O alumeado de Nadal de Chapela marcado pola solidariedade

O día 11 de decembro inaugurouse a iluminación do nadal en Chapela, asistiron de centos de persoas ao encontro, superando os datos do ano pasado. O acendido das luces chegou acompañado de Pablo Méndez e Latexo Percusión na Alameda de Castelao.

Redondela acende as luces de nadal nun evento marcado pola solidariedade

O día 10 de decembro inaugurouse de forma oficial o nadal en Redondela, asistiron miles de persoas ao encontro, superando os datos do ano pasado. O acendido das luces chegou acompañado do pasarrúas.

Redondela comeza as obras de remodelación do campito de Chapela

O Concello de Redondela comenza as obras, cun investimento de 287.507,36 €, para a mellora do espacio deportivo en Chapela despois do Nadal.

O Concello de Redondela reclama o uso do galego no BOE

Redondela toma, unha vez máis, a iniciativa a prol do galego. Desta vez dirixíndose ao Ministerio da Presidencia tras comprobar que dende hai tempo o Boletín Oficial do Estado (BOE) non ten dispoñible a versión en galego.

Redondela convida a unha chocolatada solidaria durante o acendido das luces de Nadal

O Concello de Redondela elabora unha campaña de mobilización solidaria a través dunha chocolatada os día do acendido da iluminación de Nadal do municipio, o 10 de decembro en Redondela e o 11 en Chapela a partir das 19:30 horas.

Redondela ofrece un obradoiro de centros de mesa de Nadal

A partir do vindeiro luns, 12 de decembro, a Concellería de Cultura do Concello de Redondela ofrece un obradoiro de centros de mesa do Nadal que estará dispoñible en distintas datas nas parroquias redondelás.

Redondela fará realidade o paseo peonil no antigo viaduto

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, vén de reunirse coa Subdirección Xeral de Patrimonio do Estado coa intención de retomar o proxecto de rehabilitación do Viaduto de Madrid, unha estrutura ferroviaria de finais do século XIX que deixou de utilizarse hai 50 anos.

O Nadal chega a Redondela

A Concellería de Cultura vén de anunciar as novidades da programación de Nadal. Que inclúe teatro infantil e adulto, monólogos, música, un circo e parques de atraccións.