O día 11 de decembro inaugurouse a iluminación do nadal en Chapela, asistiron de centos de persoas ao encontro, superando os datos do ano pasado. O acendido das luces chegou acompañado de Pablo Méndez e Latexo Percusión na Alameda de Castelao. Alí a alcaldesa, Digna Rivas, estaba agardando para premer o botón que acendería a iluminación da parroquia, acompañada da Coca Simona.
A rexedora local quere destacar e lembrar que “é de gran importancia que as festas cheguen da mesma forma a todo o municipio e sobre todo darlle a importancia que se merece a Chapela”.
A alcaldesa agradeceu e destacou a importancia do acto de solidariedade organizado polo concello e as asociacións adicadas a causas sociais en Redondela. Neste caso, foi a asociación Andaina a encargada de repartir a chocolatada solidaria, que axudou a recadar fondos para a súa causa social.
A Chocolatada solidaria en Redondela estivo repartida nas zonas máis concorridas, onde se podía recoller o chocolate quente e o petisco doce que consistiu en rosca, típico das datas festivas. A xente participou de forma animada ata esgotar as 1000 racións que puxo a disposición das asociacións o concello. Un dos postos estaba localizado nos soportais da Casa do Concello, outro na Alameda de Castelao e o último na Praza da Constitución. O día 11 de decembro corresponde ao evento de acendido da iluminación de nadal en Chapela, colocase un posto na Alameda de Rosalía de Castro.
“Andaina, Da Man e Cáritas fan unha labor altruísta para mellorar a calidade de vida dos e das redondelás. O concello quere dar visibilidade ó seu traballo á vez que recadar fondos para as distintas causas que representan”, explica a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas.