11.7 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaRedondela acende as luces de nadal nun evento marcado pola solidariedade

    Redondela acende as luces de nadal nun evento marcado pola solidariedade

    O día 10 de decembro inaugurouse de forma oficial o nadal en Redondela, asistiron miles de persoas ao encontro, superando os datos do ano pasado. O acendido das luces chegou acompañado do pasarrúas, a partir das 18 horas da tarde, a cargo de Pablo Méndez e Latexo Percusión que saíron de distintos puntos para confluír na Praza do Concello. Alí a alcaldesa, Digna Rivas, estaba agardando para premer o botón que  acendería a iluminación de todo o municipio, acompañada da Coca Simona.

    A rexidora local quere destacar e lembrar que “o domingo 11 será o acendido das luces en Chapela, a mesma hora e cos mesmos espectáculos programados, pero trasladados a Alameda de Rosalía de Castro. É de gran importancia que as festas cheguen da mesma forma a todo o municipio e sobre todo darlle a importancia que se merece a Chapela”.

    O pasarrúas a cargo de Pablo Méndez Performance saíu dende a Praza de Ribadavia, máis coñecida como ‘A Farola’. A Compañía de performance trouxo acróbatas aéreos e caracterizacións espectaculares con todo tipo de personaxes festivos e fantásticos para ambientar e encher de cor a vila.

    Latexo percusión saíu do Campo da Feira para chegar a Praza do Concello co resto de artistas. Os seus pasarrúas caracterízanse por estar ambientados de forma musical con ritmos vivos e percusión. Amenizaron a festa cun baile interpretado por músicos ambulantes, títeres e zancudos.

    Durante o acendido a Praza do Concello estaba abarrotada de xente, miles de persoas agardaban a alcaldesa que premeu o botón , despois do seu discurso de agradecemento no que destacou a importancia do acto de solidaridade organizado polo concello e as asociacións adicadas a causas sociais en Redondela. No escenario estivo acompañada da Coca Simona.

    Rivas recalcou que “este é un día grande para Redondela, no que queremos que estén representadas as asociacións redondelás para apoialas e darlles visibilidade”, agradeceu a Andaina, Da Man e Cáritas “a súa labor e presenza no acto que a través da Chocolatada Solidaria recaudan fondos para as súas distintas causas sociais, todas de igual importancia para o municipio”.

    A Chocolatada solidaria estivo repartida nas zonas máis concorridas, onde se podía recoller o chocolate quente e o petisco doce que consistiu en rosca, típico das datas festivas. A xente participou de forma animada ata esgotar as 1000 racións que puxo a disposición das asociacións o concello. Un dos postos estaba localizado nos soportais da Casa do Concello, outro na Alameda de Castelao e o último na Praza da Constitución. O día 11 de decembro corresponde ao evento de acendido da iluminación de nadal en Chapela, onde tamén colocarase un posto na Alameda de Rosalía de Castro.

    “Andaina, Da Man e Cáritas fan unha labor altruísta para mellorar a calidade de vida dos e das redondelás. O concello quere dar visibilidade ó seu traballo á vez que recaudar fondos para as distintas causas que representan”, explica a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.