Venres, 18 Xullo de 2025

Redondela

A Deputación terá presenza na Feira do Libro de Redondela

A Deputación de Pontevedra volve ter presenza na Feira do Libro de Redondela, que arranca este xoves 15 de xuño na Alameda de Redondela e se desenvolverá ata o domingo 18 de xuño, en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas.

A Fundación Formavigo e o Concello de Redondela rematan a formación “Persoas maiores activas”

A Fundación Formavigo en colaboración coa Concellaría de Servizos Socias e Maiores do Concello de Redondela vén de rematar a actividade formativa “Persoas maiores activas” na que participaron un total de 247 persoas.

A Asociación de Empresarios de Redondela pide explicacións sobre o proceso de adxudicación da barra na Festa da Coca

Cinco días de verbena cunha barra no recinto cuberto deixa aos hostaleiros descontentos sobre a xestión municipal do evento. Consideran que eles están durante todo o ano pagando os impostos en Redondela e, que se permita a unha empresa foránea facer unha explotación dunha barra de venda de alcohol nun espazo público sen ter publicado unha bases para a súa adxudicación non é a mellor maneira de facer as cousas.

A Federación de Anpas de Redondela aposta por un plan específico para o rural galego

A Confederación de Anpas, á que pertence á recentemente constituída Federación de Anpas de Redondela, ten de sempre entre os seus obxectivos principais a defensa dun ensino público no rural galego que se iguale en calidade e medios ao que poidan ter as zonas urbanas do país.

“DepoEmprende na ESO” chega a nenos de Redondela, Tui e Gondomar

O programa da Deputación para o fomento da cultura emprendedora en centros de secundaria, “DepoEmprende na ESO”, vén de poñer o broche de ouro á súa sétima edición cun mercado solidario efémero en Pontevedra.

Redondela proporciona autobuses de balde para acudir ás probas da ABAU

O Concello de Redondela pon ao dispor dos estudantes dos Institutos de Educación Secundaria do municipio (IES Floriani, IES Mendiño e IEs Chapela) o servizo de balde de dous autobuses - ida e volta- para as xornadas nas que se realizan as probas de acceso á universidade “ABAU” durante este mes de xuño.

A Deputación e Igualarte levan a Gondomar, Redondela e Salceda un espectáculo de danza e teatro

A Deputación de Pontevedra e a Fundación Igualarte, que desde o ano 2002 traballa para que as persoas con diversidade funcional poidan expresarse de maneira artística, levarán o espectáculo de danza e teatro “HabitarMe” neste mes de xuño a cinco concellos da provincia.

Cesantes decide aos novos campiones galegos de Kitesurf

Fin de semana perfecta en Cesantes. Tras dúas intensas xornadas de regata, o TMKiteClub puxo o punto e final este domingo ao Campionato Galego de Kitesurf, proba que organizou o club redondelán coa colaboración do Concello de Redondela e por delegación da Real Federación Galega de Vela.

PP e BNG reúnense coa Asociación de Empresarios de Redondela

Tras as propostas lanzadas pola Asociación de Empresarios de Redondela para o impulso do tecido productivo, o Partido Popular foi o primeiro en reunirse co colectivo para analizalas.

Cesantes énchese de cometas co Campionato Galego de Kitesurf

Volve a acción a Cesantes. A tempada de kitesurf en Galicia arrinca esta próxima fin de semana coa disputa do Campionato Galego, proba que volve organizar por segundo ano consecutivo o TMKiteClub en colaboración co Concello de Redondela e que reunirá de novo a máis dunha trintena de participantes en augas da ría de Vigo.

Xa poden presentarse solicitudes para realizar fogueiras de San Xoán en Redondela

O Concello de Redondela ten xa aberto, ata o vindeiro 15 de xuño, o prazo de presentación de solicitudes para a realización, durante a noite do 23 ao 24 de xuño, das tradicionais fogueiras de San Xoán.

A Asociación de Empresarios de Redondela fala sobre o futuro do sector turístico na illa de San Simón

A Asociación de Empresarios de Redondela volve organizar unha xornada para dar a coñecer os atractivos turísticos de Redondela, de novo acompañados por Soledad Chayán, guía oficial de turismo e xestora da marca Mellor con Guía.